Visitas

lunes, 8 de diciembre de 2014

Crónicas: Infantil "A" e Infantil "B"

Esta semana, a falta de un partido de los juveniles, realizaré varias entradas para analizar los resultados de los nuestros. En esta tocan los Infantiles, ambos equipos, que lograron dos importantes victorias; las crónicas fueron realizadas por Víctor Tato, enviado especial...como siempre ¡GRACIAS!

INFANTIL "A": Arenteiro - U.D. Ourense, 3-1. 


Crónica: "Victoria traballada". "Recibíamos á U.D. Ourense, coa intención de esquezer canto antes a inxusta derrota sufrida en Santa Cruz, e non foi nada doado doblegar ós da capital, o equipo tivo que esforzarse e poñer o mono de traballo ante un rocoso rival. O Arenteiro sae de inicio con: Mateo baixo paus;
na defensa Raúl, Luigi, Martín e Zaide; como mediocampistas, Jesús, Álex e Xosé e na dianteira, Tato, Adrián e Jacobo. No banquillo esperaban a súa oportunidade: Flavio, David, Javier, Yago e o porteiro Pablo.

Nada máis sacar de centro, o Arenteiro dispuxo da súa primeira oportunidade; prometíamolas moi felices, pero nada máis lonxe da realidade; tivemos que esperar ata o minuto 25 para que "Toni Kross" Jesús dispuxera dunha ocasión clara de gol. O Ourense, ben prantado, con xogadores, algún deles de considerable envergadura, non deixaba maniobrar con dilixencia ó equipo de Josiño, que sin pasar agobios na defensa, tampouco creaba perigo na area capitalina, e tivo que ser "O leñador" Adrián que persevera por unha pelota que parecía franca para o porteiro rival, logrando estira-la súa perna esquerda para facer o primeiro dos verdes no minuto 30 de xogo e sin máis incidencias reseñables remata o primer periodo.


NO SEGUNDO TEMPO, no minuto 3, unha falta a favor do Arenteiro no borde da área, moi propicia para Martín e iste non desaproveita a ocasión para, de tiro raso e potente, marcar o segundo polo lado dereito do porteiro. A partir diste momento o Arenteiro intentou temporizar e non arriscar co resultado a favor, o Ourense polo contrario adiantaba liñas en busca dun gol que o metera novamente no encontro, circunstancia que aproveitou Jesús para buscar en largo a Tato e iste nunha franca ocasión non define ante o portal contrario, era o minuto 14.


E a sentencia definitiva chega no minuto 26, cando "Ramos" Martín dende o seu propio campo e ca perna esquerda, quítase da chistera un magnífico pase que foi aproveitado por Javier "Paxariño" para, en xogada persoal, marcar o terceiro dos verdes polo vertice esquerdo do portal ourensanista. Chegaba a tranquilidade definitiva na escadra verde, e isto motivou que Josiño diu entrada a todo o plantel co que hoxe contaba; o partido languidecia sin grandes sobresaltos, algunha oportunidade de Adrián e o gol visitante no minuto 38 que maquillaba dalgún xeito o resultado final.


Partido trabado e disputado, sobor de todo no primer tempo, e tres puntos que se quedan na buchaca verde, que sin grandes alardes e florituras consiguen esta meritoria victoria.

Destacar a férrea defensa verde, cun Martín omnipresente, e cun Raúl que brilou a unha gran altura durante todo o partido en ámbalas duas bandas, ¡¡¡ partidazo do lateral!!!, pero que non se tén que dormir nos laureis que por detrás pide paso o seu irmán Martin, que non parou de saltar e brincar no graderío perante todo o encontro, como dixo a súa nai: "se non vos queredes aburrir, déixovolo un rato para que vos divirtades...". Tes dous cracks, Belén.


Sigo co tema da constitución, que me sigue producindo sonroxo. 

Artículo 47"Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicos promoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacer efectivo este derecho, regulando la utilización del suelo de acuerdo con el interés general para impedir la especulación."


INFANTIL "B": Santa Teresita - Arenteiro "B", 1-2. 

CrónicaFría mañá no campo de Eiroás, con néboa persistente e algún tímido raio de sol que intentaba asomarse para ser partícipe niste encontro nos que os "homes e muller" de Pana diron unha demostración de pundonor, orgullo e sacrificio en defensa da camiseta verde.


O Arenteiro sae de inicio con: "Casillas" Óscar na portería, na defensa Manu "Coca", Xosé, "Ramos" Martín e Yoel; no centro do campo, "Torres" Dani, "Iniesta" Alex, Raúl e Tato e na dianteira, David e "Cristiano" Manu. No segundo periodo, xogarían o porteiro Isra, Héctor e Karla.

Minuto 4.- balón en profundidade de Dani a Tato, e iste define mal ante a portería contraria. No minuto 9, clara ocasión dos da casa, cando o seu dianteiro atópase co poste da portería de Óscar que evitaba o gol. No minuto 26, chega o gol do Sta. Teresita, un balón dividido ó borde da área, que a defensa verde non logra despexar e o dianteiro branco máis atento á xogada, bate a Óscar por enriba.

O partido estaba sendo moi igualado, sen apenas ocasións para ningún dos dous equipos, exceptuando as xa comentadas, moito centrocampismo, sendo as defensas as que se impoñían ós ataques, quizáis máis incisivas as bandas do equipo verde que en algunha ocasión lograban chegar á liña de fondo, pero os seus centros tornábanse estériles cara a porta contraria.

SEGUNDO TEMPO.
Minuto 5, Dani adiviña o desmarque de  "Cristiano" Manu, que arrincando dende o seu propio campo, e cunha fermosa vaselina fai o empate para os verdes ante o xúbilo da ruidosa hinchada carballinesa (non toda, porque xa é casualidade que a súa nai e a súa tía se atopaban na cafetería do estadio apurando o último sorbo a unha taza de café...¡ahiiiii!, estas mulleres de Señorín...)...pero si puideron ser testigos do segundo de Manu, que cun sútil toque fai o segundo para os verdes a pase de Álex no minuto 15; o Arenteiro lograba darlle a volta ó marcador e a partir de agora restaban case 30 minutos "taquicardicos".

O Sta. Teresita adiantou liñas (non lle quedaba outra) en busca do empate, e o Arenteiro atrincherado no seu campo, soupo defenderse con uñas e dentes, merced a un inconmensurable "Ramos" Martín, ben pertrechado por Xosé, sendo dous bastións na defensa ó igual que o resto da zaga, e cando o Santa Teresita foi capaz de traspasar a liña defensiva, atopouse cun espectacular "Isra", que nos minutos 18, 30 e 35, salvou ó seu equipo realizando tres soberbias intervencións.

E así, entre os arreóns dos "espigados" e fornidos xogadores santoteresinos, en busca do empate, frenados polas "huestes" de Pana, tal aldea de Asterix e Obelix, finalizaba o encontro, cunha ovación cerrada dos siareiros desplazados dende a capital do Arenteiro para o seu equipo.

Destacar a labor árbitral, deixando xogar ós dous equipos, valente, ben posicionado,  e sin deixarse intimidar...unha actuación sobresainte.

Na escadra verde un notable alto para todo o equipo, con especial acento na magnífica parella de centrais, o Mariscal Martín e o seu lugartenente Xosé, así como tamén as bandas do equipo, Tato e Raúl, sendos puñais en ataque e sacrificándose en labores defensivas cando a situación así o requeriu.

Quería deixar para o final ó protagonista do partido, "Cristiano" Manu,  que aínda limitado no seu estado físico por un proceso vírico, con vómitos e cefalea incluída, foi capaz de anotar os dous goles do seu equipo, pero teño unha dúbida ó respecto, ¿isto foi capaz debido a non presenza do seu pai? ¿será un cenizo?, a nai de Manu non despexou a incógnita cando ó finalizar o encontro, soltou esta enigmática frase: "Josiño, querémoste moito pero estás mellor pintando..."

Hoxe festivo polo Día da Constitución, non podo máis que sentir bochorno ó ler iste artigo sobre dereitos e deberes dos cidadáns:

"Todos los españoles tienen el deber de trabajar y el derecho al trabajo, a la libre elección de profesión u oficio, a la promoción a través del trabajo y a una remuneración suficiente para satisfacer sus necesidades y las de su familia, sin que en ningún caso pueda hacerse discriminación por razón de sexo."

Cunha taxa de paro xuvenil superior ó 52%, cunha brecha salarial de máis do 20% entre homes e mulleres, e cunha devaluación salarial encuberta dende fai varios anos, ante iste panorama e o futuro que lle espera ós nosos fillos, sobran máis comentarios..."

2 comentarios:

  1. Vaya cronista k tenemos en los infantiles..Este xico es una maravilla.sigue así Víctor...gracias por deleitarnos con estas crónicas maravillosas....

    ResponderEliminar
  2. Gracias, Tato....los partidos los vivimos a tope, tenemos unos magnificos chicos y magnifica aficcion....pero las crónicas .....OLE, OLE Y OLE.

    ResponderEliminar