Visitas

viernes, 29 de marzo de 2013

III Torneo Alevín de Santa Cruz de Arrabaldo

Crónica do noso enviado especial:



Xoves Santo, 28 de Marzo, saímos en "procesión" desde a Veracruz (o lugar idóneo), a "SANTA CRUZ DE ARRABALDO"  para disputar o torneo alevín que alí se celebra na súa III edición, que visto o resultado final, non foi ningún "VÍA CRUCIS" para os pupilos dirixidos polo "clérigo" CASTOR, que a pesar de ir soamente con 13 efectivos -cifra máldita para os supersticiosos- realizaron un torneo máis que digno.

Hoxe mesmo os bancos Chipriotas volvían abrir as súas sucursais para surtir de efectivo ós sufridos cidadáns dise país, e tamén hoxe o TRIBUNAL CONSTITUCIONAL DE PORTUGAL iba pronunciarse sobre os recortes ós que están sometidos os nosos veciños lusos pola denominada "TROIKA" europea, a nosa solidariedade co país veciño, reflexada na vestimenta do equipo, ¡verde e vermella coma a bandeira portuguesa!. ¡VIVA O CAPITALISMO!, ou como ben decía un aficionado vestido de mexicano que se atopaba no torneo: "QUE VIVA LA REVOLUCIÓN"

En fin, imos falar de fútbol para non deprimirnos...

No noso grupo tocounos o OURENSE, o ARENAS DE ALCABRE DE VIGO, e o SILLEDA de PONTEVEDRA. Os partidos duraron 20 minutos seguidos sen descanso.

No primeiro partido enfrentámonos ó Ourense:

ARENTEIRO 0- OURENSE 1

O Arenteiro sae de inicio con:
Óscar "Casillas", na defensa "Arbeloa" Héctor, "Ramos" Martín e "Coentrao" Yoel.
No medio campo "R7" Raúl, "Modric" Alex e Zaide "Di María", e na punta do ataque "Cristiano" Manu.
Tamén xogarían Tato, "Torres" Dani, e Brandon.

Moi pronto se adiantarían os do Ourense, na primeira xogada do encontro marcarían o gol, todo presaxiaba unha goleada en contra, vendo ademáis a envergadura e a complexión física ourensana, pero nada máis lonxe da realidade; o equipo reconpúxose e Manu empataría o encontro tan pronto sacamos de centro, pero o gol sería anulado por situación de fóra de xogo do noso ariete.
No minuto 10 o Arenteiro ten a mellor dobre ocasión do partido, falta que é executada maxistralmente por Martín, o balón pega na cruceta e o rexeite non é aproveitado por Manu, nunha inmellorable posición para anotar o gol do empate.

No minuto 19, gran intervención de Óscar a tiro a bocaxarro do Ourense.
Partido igualado, sen apenas ocasións, e con un Arenteiro férreo e disciplinado en defensa, capitaneados por o "Mariscal" Martín e o seu lugartenente Yoel.



 2º PARTIDO: ARENTEIRO 3-ARENAS DE ALCABRE 2


Porteiro: "Diego Alves" Pablo
Defensa: Karla, Martín e Yoel
Media: Tato,"Torres" Dani e Raúl.
Ataque: Manu.
Tamén xogarían, Zaide, Brandon e Héctor
Minuto 4, adiántase o equipo de Vigo.
Minuto 6, Golazo de Raúl, ó engatillar dende o lado esquerdo un tremendo dereitazo que se cola pola escadra visitante.
Minuto 11. Gol de falta de Martín. 


Minuto 13, barullo na área do Arenas e "Cristiano" Manu con pillería fai o terceiro.
Minuto 16, Gol do Arenas ante a indecisión da defensa e o porteiro Pablo.
Minuto 18. "Milagrosa" (estamos en semana santa), intervención de Pablo que evita o gol visitante.
O equipo puido manter a ventaxa ata o final do encontro, con algún que outro sobresalto.
 
3º PARTIDO: ARENTEIRO 0-SILLEDA 0
 
Porteiro: Óscar
Defensa: Yoel, Martín e Héctor
Media: Zaide, Alex e Raúl
Ataque: Dani.
Tamén xogarían Tato, Manu e Brandon.

Partido no que nos podía valer o empate para pasar a cuartos de final, sempre e cando o Ourense empatara ou lle gañara ós de Vigo (como así sucedeu).
O equipo consciente do que se xogaba, saiu decidido a pola victoria pero sin cometer erros atrás, e xa no minuto 1 Raúl quédase diante do porteiro e o seu tiro sae lambendo o poste esquerdo da portería do Silleda, no minuto 10 Dani realiza un soberbio disparo que é atallado polo porteiro rival..., ¡e para de contar!, de aquí á finalización do encontro non se rexistrou ningúnha ocasión digna de mención por parte de ningún dos dous equipos, parecía que lle valía o empate ós dous, sendo istes 10 derradeiros minutos dun fútbol insulso e carente de mordente.


Con iste resultado prantámosnos en cuartos de final, que xa se xogarían as 4 da tarde ante o peor rival posible, mágoa non haber arrancado nin tan sequera un empate ante o Ourense, o que nos propiciaría ter outro resultado no cruce de cuartos e así aspirar a obter algún trofeo dos importantes, pero como dí o conto: " Si miña avoa tivera rodas, sería unha bicicleta, e non miña avoa",  non queda outra que aceptar o destino que hoxe nos tocou vivir.
 
CUARTOS DE FINAL ÁS 4 DA TARDE
ARENTEIRO 1-PABELLON 4

Porteiro: Pablo
Defensas: Yoel, Martín e Karla
Mediocampistas: Raúl, Dani e Zaide
Punta: Manu.
Tamén xogarían Tato, Álex, Héctor e Brandon, considerando Castor (o meu entender con bo criterio), que tiñan que participar no encontro tódolos rapazes, antepoñendo o entusiasmo, o espíritu de equipo e o compañerismo por enriba do resultado.
¡¡¡Chapeau!!! Castor.

Enfrentámosnos ó que á postre sería o campeón do torneo, O Pabellón, un equipo serio, sen fisuras, sen grandes individualidades, pero que funcionaba coma un bloque homoxéneo en tódalas súas liñas.
Moi pronto se adiantarían os da capital, no minuto 3.
No minuto 7 volve adiantarse o Pabellón.

O Arenteiro mostrábase coma un digno contrincante, aínda que en ocasións se viu desbordado polos ataques contrarios, en ningún momento lle perdeu a cara ó partido e Raúl no minuto 9, froito da presión verde, rouba un balón no pico da área e fai o primeiro (desgraziadamente o único) gol dos verdes. 

Este tanto fixo alimentar as esperanzas dun posible empate do noso equipo, alentado pola nosa hinchada (todo fervor e pasión durante todo o torneo), incluso ó Pabellón por momentos se lle viu atenazado polo nerviosismo e a inquedanza polo resultado, circunstancia que mudaría cando no minuto 14 marcarían o terceiro e un minuto máis tarde o cuarto, sendo un mazazo para os verdes que vían como se lle escapaba definitivamente o encontro e a posibilidade de lograr a proeza da remontada.


 

Remataría o encontro, sendo o Pabellón un xusto gañador e o Arenteiro, coma os bos púxiles, competindo con nobleza e orgullo,  non arroxando a toalla ata o final, pese á contundencia dos golpes recibidos.

Durante toda a xornada, acompañounos coma un xogador máis, unha futura, coido que xa realidade, promesa do noso fútbol comarcal, "Xavi",  fillo do "Ferradás de Cenlle", que é primo de Yoel, e milita nas categorías inferiores  do Celta de Vigo, un rapaz ó decir dos entendidos con un futuro moi prometedor e con unhas cualidades prodixiosas para a práctica do fútbol, pero con unha eiva importante: "É AZULGRANA...", ¡que lle imos facer!, aínda estás a tempo de cambiar rapaz!!!, ademais me dixeron que o seu xogo aseméllase ó do madridista Mesut Ozil... 

Xa para rematar, felicitar Ó CAMPEON DO TORNEO O PABELLÓN DE OURENSE, tamén á ORGANIZACIÓN DO MESMO, Á SDC ARRABALDO, GRAN COLORIDO E AMBENTE NOS GRADERÍOS e moi especialmente a miña felicitación é para  ALFONSO PRADO, fillo á sua vez de ALFONSO PRADO DO TORRÓN, e pai de OUTRO ALFONSO PRADO, e os tres porteiros. É ACTUALMENTE O COORDINADOR DOS EQUIPOS BASE DA SDC ARRABALDO.

Estiven departindo un bó rato con él ó longo do torneo, comentándome o sacrificio que lle supuña a nivel familiar e persoal a adicación á SDC ARRABALDO, xa que teñen 11 equipos enrolados na sociedade deportiva, competindo a bó nivel en tódalas categorias, e co obxetivo de que o equipo maior milite na primeira autonómica.

Faloume dos distintos torneos que organizan ó longo do ano, dos atrancos e apuros económicos, e eu lle comentei que se facía moi necesario a construcción ou acondicionamento dun aparcadoiro de coches nas inmediacións das instalacións; e aínda tivemos tempo de lembrar cando xogábamos xuntos nos xuvenís do Arenteiro, cando a Uceira era de terra e barro, e enterrábamos os nosos tobillos nos múltiples charcos que abundaban no campo (¡cambiouche ben o conto dende aquela). Bó porteiro, iste Prado, sin grandes florituras, pero sobrio e seguro baixo paus, e agora que escribo estas liñas venme á memoria as veces que viña comigo a adestrar na Rieju Ks, un ciclomotor ó que había que dar pedal nas subidas..., ou aquela vez no Barco que lle baixou os pantalóns ós aficionados barquenses que se atopaban detrás da portería, antes dun lanzamento de penalty en contra, Ah!, xa case me esquecía, ¡¡¡O PENALTY PAROUNO!!!, GRANDE ALFONSO, GRANDE...deica a próxima.


7 comentarios:

  1. felicidades al cronista y al equipo

    ResponderEliminar
  2. Muy bien el torneo...tendria k haber mas.nos lo pasamos genial y los niños mucho mejor.......un 10para ellos y otrlo para el entrenador..

    ResponderEliminar
  3. Muy bien por los niños...nos lo pasamos muy bien

    ResponderEliminar
  4. Muy bien por los niños...nos lo pasamos muy bien

    ResponderEliminar
  5. Muy bien el torneo y su organiación. Nos lo pasamos todos muy bien sobre todo los protagonistas que fueron los niños...y el "mister".
    Como siempre...muy bien por el cronista....se merece un "hip, hip, hurra"...o más.

    ResponderEliminar
  6. Gran torneo e boa actuación dos pequenos. Agradecementos ó "enviado especial" e a este Blog por facer protagonistas ós rapaces, noraboa.

    ResponderEliminar
  7. ¡Hai futuro!, felicidades rapaces.

    ResponderEliminar