Ante a imposibilidade de acudir á cita por parte do cronista oficial, enviouse ó partido á realizadora gráfica para inmortalizar o evento, e a crónica do mesmo é posible gracias á xentileza de Toño, o pai de "R7" Raúl. "Graziñas Toño, que cunda o exemplo e sirva de precedente".
Estivo no Ribeiro unha mañá de nubes e claros, por momentos chovía con intensidade e por outros daba o sol. ¡Para nós deberon ser nubarróns continuos...!
Como pinzelada inicial e antes da crónica oficial, comentar un par de anécdotas que aconteceron no partido:
1ª: O ariete "Cristiano" Manu, hoxe exerceu de segundo adestrador (hai un comentario ó final da crónica que é revelador), hoxe trocou de nome e pasou a chamarse: "Karanka" Manu.
2º O árbitro seica se demourou máis da conta no descanso do partido, crendo a xente que se quedara dormido...
¡Ah!, e a terceira, comentaban as nais que o horario do partido non foi o máis idóneo, que os razaces deberon trasnoitar, e decir "saíron de copas" o domingo á noite (¡empézanche ben cedo!), o que mermou as súas condicións para afronta-lo choque. (Esta circunstancia non está confirmada, así que ímola pasar por alto e quedará no terreo da faladuría e o chismorreo).
Imos coa crónica literal tal e como ma remitiu Toño:
Arenteiro:
Pablo, Porteiro
David, Martín e Yoel, Defensas
Raúl, Ataque
Minuto 1: Tiro desde fóra da área, gol do Ribeiro.
Minuto 4: Pase en profundidade e ante a salida de Pablo, cruzan o balón y 2º gol.
Minuto 8: Córner que saca Raúl e Martín cabecea fóra.
Minuto 15: Amarilla a Castor por protestar unha falta en contra.
Sae David e entra Héctor
Minuto 17: Falta lateral, saca Raúl e despexa o porteiro.
Sale Tato e entra Brandon.
Mal partido na primeira parte do Arenteiro (hoxe de azul), nun campo moi encharcado.
2ª Parte.
Óscar, Porteiro
Karla, Martín e Yoel, Defensas
Anxo, Dani y Raúl, Mediocampo
Martín Fernández, Punta
Minuto 1: Fallo defensivo e 3º gol.
Minuto 2: Tiro de Dani por fóra da portería.
Minuto 3: Falta lateral que saca Martín por riba do longueiro.
Sae Yoel entra Germán.
Cambio táctico, pasa Anxo a Central e Martín ó centro do campo.
Sae Martín Fernández, entra Héctor.
Sae Raúl entra Tato.
Minuto 20: Internada de Tato pola dereita, pasa a Martín que tira e para o porteiro.
Minuto 21: Martín entra polo centro, vaise de dous rivais, tira e saca o porteiro a córner.
Sae Karla e entra David.
"EL TANDEM CASTOR-MANU NO FUNCIONÓ"
No hay comentarios:
Publicar un comentario