Visitas

martes, 6 de octubre de 2015

Resumo: CASTRELO vs SPORTING CARBALLIÑO

Moi bo resultado o colleitado polo Sporting na sempre difícil visita ó Castrelo nun campo que en anteriores tempadas sempre resultou complicado puntuar...


Nunha tarde que pintaba moi chuviosa, o equipo atopouse coas normales complicacións dun campo de terra e o xogo foi trabado na maior parte do encontro; non foi ata o minuto 40 cando se abriu a lata a favor dos visitantes tras un tiro de Chivas que tras un rebote acabou no fondo da rede local, 0-1.



No segundo tempo, máis do mismo, os locais topáronse cun penalty a favor por mans de Fity que, cunha bárbara estirada que máis tarde copiaría Keylor Navas no derby, Bugallo atallaría e poría terra de por medio ás aspiracións. Ver aquí: https://www.youtube.com/watch?v=VxB4iTmfgNs

 Rematando o partido, Champi, anotaría o 2º gol que pecharía definitivamente o resultado e daría os tres puntos ó Sporting que segue líder na categoría.

Este próximo fin de semana visita a Uceira o Crespos, será o Domingo 11, ás 17:00h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario