domingo, 27 de septiembre de 2015

Resumo: SPORTING vs TOEN

Na tarde de onte disputouse no Muncipal de A Uceira o encontro da cuarta xornada de Liga da 3ª Autonómica Gr. XIII que enfrontou ó Sporting contra o Toen.

Nunha tarde de moito calor, o Sporting xogou as súas bazas e a mellor adaptación ó terreo de xogo favoreceu, xunto cun transixente porteiro visitante que ós 20 minutos Caride xa anotara 2 goles. Logo disto, con bo toque de balón, pero en moitas ocasións de forma precipitada, o Sporting foi dono da primeira parte, salvo por unha ocasión illada na que o Toen puido anotar, pero o balón estrelouse no longueiro.

Centro de Román que non acerta a rematar Caride
Na segunda parte, o calor facía mella nos xogadores do Sporting e as ganas de remontar facían virse arriba ós do Toen. Estes últimos, á desesperada, adiantaron liñas, arriscaron con defensa de tres e foron a presionar ó Sporting no seu campo, obligando a estes a xogar en largo na maioría das veces, deixando náufrago de xogo un medio campo cuns cansos Marc e Marquina, onde o único quue aportaba un chisco de pulmón era Pintos.


Coa entrada de homes de refresco tentouse correxir esto, pero non se chegou a controla-lo partido tal como estaba o marcador; ante un Toen que non daba máis de sí en ataque, un destes balóns largos foi aproveitado por Champi xa no minuto 90, que anotaría o seu gol da tarde tras varias oportunidades perdidas ó longo de todo o partido.

Máis de 100 espectadores na Uceira
3-0 e continúa líder o Sporting que a próxima fin de semana visita Castrelo de Miño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada