Visitas

martes, 7 de julio de 2015

Máis novas no fútbol local...

Asentado o novo grupo de Goberno e á espera de maiores novidades, coméntovos a título informativo diferentes datos recopilados e impresións do que lle depara ó futuro deportivo da vila...

O novo Concelleiro parece que nada máis entrar se meteu en charcos varios con diferentes afirmacións, actuacións e feitos...por un lado a situación que provocou co anuncio ós rapaces cadetes da falta de presuposto para ir a competir a Portugal, por outro, a información publicada en medios e en persona por el mesmo de que sólo quedaban 6000€ para deportes de aquí a decembro, algo pouco creíble, ou canto menos moi matizable e finalmente, a negativa a abonarlle ó Arenteiro a metade da cantidade comprometida polo anterior goberno, uns 40.000€, euro arriba euro abaixo...

Moitas cousas para tan pouco tempo e moitas idas e vidas dando a impresión de andar como un polo sin cabeza, canto máis sendo concelleiro xa experimentado.

O último esperpento é a noticia sobre a suba do prezo púbico para unha praza no campamento de verán promovido polo Concello donde se incurriu nun gasto de 2000€ para aprobar unha suba que supón un extra de ingresos de 125€, situación que provocou chamadas varias desde diferentes lugares do Estado preguntando si eso era así, e onde estaba o truco...non llo din explicado...

En fin, pégovos aquí os carteis coa chamada á incribirse na "Escola Municipal Arenteiro Club Deportivo Arenteiro", E.M.F.C.D.A., para os amigos, ente mixto público-privado do que a día de hoxe ninguén diu explicado en qué beneficia ás partes, salvo ó Arenteiro...e non mo tomedes ó revés, o que non percibo é ningún beneficio para os nenos ata o de agora, e dígoo polo que se ollaba na Uceira, non polo que se ollaba en Espiñedo...campo propiedade do Arenteiro ou no seu defecto cunha concesión indefinida no tempo...

En canto ó Sporting Carballiño, aquí contando efectivamente cos xuvenís que pasan a amateurs, podemos comunicarvos que se suman ó proxecto desta nova tempada 2015/2016, Marc e Juan Carballo, estos dous últimos a partires da súa recuperación trala lesión sufrida a tempada pasada. 

Con esto xa son 8 os rapaces confirmados que se sumarán na pretempada ós actuais integrantes que continúen para facerse cunha ficha. Esperamos que esta mistura entre xogadores que levan os tres anos con nós e estes recién saídos de xuvenís, algúns disputando competición en Liga Galega e Nacional, surta efecto, resulte un grupo competitivo e se poida loitar polo ansiado salto de categoría.

En canto ó ámbito económico, indicar que o clube pechou o ano cun balance positivo obtendo un superávit de 598,46€ (10% do total dos gastos), sobre uns gastos totais de 5.500,46€.

No hay comentarios:

Publicar un comentario