Visitas

domingo, 28 de junio de 2015

Novidades de cara á tempada 2015/2016

En plena época estival, os despachos non paran no ámbito deportivo...en concreto no Carballiño traemos algunhas novidades.

O Arenteiro, tras informar que o novo entrenador será Jorge Regal, realizou esta pasada semana as primeiras incorporacións de xogadores:

Marcos Castro
- Marcos Castro (atacante), que tras xogar a pasada tempada no Céltiga, ó que chegou tras disputar competición nas dúas tempadas anteriores co Maside e o Sporting Carballiño, volta ó equipo verde na que será a súa terceira etapa.

- Vilachá (defensa), chega procedente do Barbadás "B", co que conseguiu o ascenso á Preferente na tempada pasada.

- Marc (centrocampista), veterano xogador con un gran percorrido pola 3ª onde pasou por equipos como o Lalín, o Estudiantil.
Marc

- Vitti (dianteiro), terceiro máximo goleador da Preferente Sur o último curso ó anotar 21 goles.

Trata, en última instancia e salvo novidade, pecha-la fichaxe dun porteiro e máis dun defensa, tra-las baixas confirmadas de: Brais, Quiroga, Choco, Marcos Nieto, Carlos Escudero e Manu.

Por outra parte, o vindeiro mércores día 1 de Xullo celébrase a Asamblea Xeral Ordinaria ás 21:00h en 2ª convocatoria co seguinte orde do día:

1. Balance deportivo e social da tempada 14/15.
2. Memoria, balance económico, rendición de contas e aprobación, se procede.
3. Proxecto deportivo e social para a 15/16.
4. Previsión orzamento 15/16.
5. Propostas, rogos e preguntas.

O Sporting Carballiño, tras rematar a tempada deixando escapar o ascenso no último mes de competición, tentará formar un grupo que aspire a loitar na zona alta por ese obxetivo. Unha vez confirmada a continuidade de Neira como adestrador, incorpórase Jordy ó corpo técnico e Tomás como adestrador de porteiros.

Así mesmo, xa se acordaron as incorporacións de varios xuvenís da E.M.F. cos que non conta o Arenteiro, cumplindo un dos obxetivos fundacionais do clube. Estas incorporacións terán que ganarse o posto nunha plantilla que volverá ser amplia. As incorporacións son: Fran, Bugallo, Nuno, Ribeiro, Álex e Caride, á espera de concretar algunha máis.

Grupo infantil que ahora pasan de xuvenís
As baixas confirmadas ata o de agora son as de Fausto, Anxo Suárez e Jordy.

No hay comentarios:

Publicar un comentario