Visitas

miércoles, 18 de junio de 2014

Sin noticias...do que vai ser a EMF Arenteiro

A día de hoxe, lamentablemente, aínda non se fixo público cal vai ser o futuro da Escola de Fútbol do Concello de O Carballiño.

Un ano máis, termina a tempada sin ter claro qué vai ser dos equipos, dos rapaces, dos monitores, nin si vai existir como tal a Escola Municipal de Fútbol, non creo que sexa tan difícil ter claro polo menos si se quere apostar por ela ou si se quere un desprender dela e manifestalo, para que nunha ou noutra medida, os interesados se poñan a traballar.

Máis alá do principio de acordo anunciado a bombo e platillo, como moitos outros anuncios que emanan desde o Concello cada "x" tempo según qué problema, co C.D. Arenteiro, nada máis soubemos dun acordo final, nin siquera, que eu considero moi importante, as condicións de dito preacordo, ou tan siquera as negociacións. Tralo anuncio na web do Concello no mes de abril, na que se comprometía a informar ós pais e nais tan pronto se pechara o acordo, entendemos que éste aínda non se pechou, e desconocemos as razóns, o que sí sabemos e que se volven cometer os mesmos erros que nas pasadas tempadas e de novo véxome na obriga de denuncialo, porque quenes o pagan ó final son os rapaces como se viu este ano cos infantís de Liga Galega.

Denuncio tamén que, como veciño do Carballiño, contribuínte, membro da directiva dun club de fútbol da vila, o Sporting Carballiño, que promove o deporte entre os mozos da vila -con maior ou menor éxito- e socio doutro, o C.D. Arenteiro, non me parece normal a política que se sigue coa escola poñendo como excusa a imposibilidade legal que a Interventora e a Secretaria aluden, como tampouco me parece normal, nin moral, dar unha subvención a un clube, o Arenteiro a cal vai destinada a pagar íntegramente unha débeda, e que non redunda, nin na actividade deportiva, nin na base da vila. 

Paréceme incomprensible que coa excusa de non poder abonar determinados importes da Escola, se pase a conceder unha maior subvención directa ó clube. Como para conceder calquera outra subvención, deberíase esixir que as contas do clube estiveran ó día, para poder recibir calquera subvención directa, para ter a seguridade de que a mesma redundará na actividade deportiva que se subvención, sendo esta unha relación necesaria para otorgar calquer subvención.

Ogallá se anuncie de novo algo e que sexa definitivo...consultar e valorar coa xente da Escola xa o vexo máis complicado.

Por certo, tamén me preguntan algúns páis para onde foron os cartos dos álbumes, si para o C.D. Arenteiro ou para a Escola de Fútbol, ou si foron a parar a algunha peatonalización dalgunha rúa...Ver noticia aquí: PINCHA AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario