Visitas

jueves, 3 de abril de 2014

Nota do Sporting Carballiño


Queremos mostrar o malestar dos integrantes do Sporting Carballiño ante a sanción económica imposta de forma igualitaria para o Cenlle e o Sporting por mor dos acontecementos sucedidos na grada durante a disputa do partido, feitos que resumimos nos seguintes 5 puntos

1. O Sporting, nin ningún dos seus integrantes, infrinxiu ningunha norma deportiva recollida no Reglamento deportivo.

2. Non entendemos cómo se nos pode sancionar económicamente cando non somos responsables da seguridade no recinto deportivo, nin incurrimos en ningunha acción violenta durante a disputa do encontro como queda ben claro na acta arbitral.

3. Indicar que o único aficionado agredido foi un dos nosos socios xunto coa súa muller e cuñada; este aficionado foi introducido no vestiario local, ante as persistentes ameazas de aficionados locais e un golpe que lle produciu unha brecha por encima dun ollo e magulladuras ás mulleres por un golpe contra a barandilla. No mesmo lugar, mediamos para que non presentara denuncia ante a Garda Civil que se trasladou ata o campo de xogo, e causar os menos danos a un club veciño como o Cenlle.

4. Mostrámonos indignados pola decisión do Comité de impoñe-la misma sanción ós agresores que ós agredidos. Da acta e das sancións se reflexa a actitude duns e doutros, considerando máis acorde coa disputa dun partido de fútbol a nosa, con tres únicas tarxetas amarelas e sen ningún expulsado, nin sancionado para o próximo encontro.

5. Informamos que xa presentamos escrito pedindo unha rectificación neste punto, así como mostramos unha repudia absoluta a calquer acto violento nun recinto deportivo, situación que nunca nos tocara vivir en primeira persoa sendo causantes de ningúnha confrontación física máis que a deportiva.

Acta do partido: PINCHA AQUÍ
Sancións do Comité: PINCHA AQUÍ


No hay comentarios:

Publicar un comentario