Visitas

lunes, 10 de marzo de 2014

Crónica alevines: Ourense - Arenteiro, 4-1

Crónica facilitada por Tato:

"Sábado de piñata con madrugón engadido, para enfrontarnos ó Ourense no campo da Universidade; entre os raios de sol que xa comezaban a “quentar de lo lindo”, as gradas afastadas do terreo de xogo por mor da pista de atletismo, a resaca do Entroido e o xogo inicial de ámbolodos dous equipos que non invitaba especialmente ó optimismo, motivou que a modorra se apoderase de mín, e algunha que outra cabezadiña botei no frío cemento do graderío.

O Arenteiro sae de inicio con:
“Casillas” Óscar na porta; O trío defensivo composto por: “Tarzán” Anxo, “Ramos” Martín e “Comilón” Martín Fdez. No medio campo, “R7” Raúl, “Iniesta” Álex e Tato, e na punta do ataque “Cristiano” Manu.
Tamén xogarían ó longo do encontró Xosé, David, Karla, Héctor e Yoel.

No minuto 2 ían adiantarse os da capital ó aproveitar unha perda de balón no medio campo, deixando desguarnecido a Óscar ó que fusilan sin miramentos. Un “deja vu” pasoúseme pola cabeza, foi o 1 a 10 que nos infrinxiran na primeira volta, ¡¡¡cousas de Morfeo!!!, porque nin iste é o Arenteiro do primeiro tramo da Liga, nin o Ourense se mostrou como aquel equipo arrollador e implacable.

De tódalas maneiras estábamos observando un Arenteiro menor con respecto ó dos últimos partidos, ramplón, sin ideas e moi limitado no seu xogo, que era incapaz de dar dous pases seguidos, nin siquera pinceladas de calidade de “Cristiano” Manu nos lograban evitar a sensación de tedio e algún que outro bostezo; tampouco o Ourense nos marabillaba co seu xogo, pero alomenos foron resolutivos, e proba delo é que no minuto 24, xa expirando o primer tempo, executan unha falta lateral e libre de marca o atacante granate de cabeza poría o 2 a 0, ante a pasividade da defensa verde.

No segundo tempo, troco habitual na portería, sendo defendida por “Iker Casillas” Isra. Castor adianta a “Ramos” Martín ó mediocampo en busca de contundencia e dunha maior solidez e equilibrio, con resultado dispar, xa que Martin ó igual que o resto dos seus compañeiros non tiveron o día, aínda que das súas botas saíron as ocasións de maior perigro do seu equipo, con sendos lanzamentos lonxanos que puxeron en apuros ó gardameta ourensanista.
No minuto 12, o Ourense, tras unha rápida triangulación faría o terceiro e
dous minutos máis tarde, un preciso e precioso pase en profundidade de “Ramos” Martín a Raúl, propiciaba o gol do Arenteiro, ó inventarse iste último un tremendo cañonazo que fai dobrar as luvas do cancerbeiro local; foi un momento para a esperanza que rápidamente foi abortado cando nada máis sacar de centro o Ourense fai o cuarto e definitivo gol.

Voltamos ó sopor e de aquí ó remate do encontro nada salientable que destacar, o Ourense conformábase ca renda obtida e o Arenteiro a sestear.
 
Regresamos a Carballiño para despedi-lo Entroido  coa sensanción de non haberse disputado o encontro,  ¿todo foi un sono?, ¡¡¡está claro que aínda non me desperezara de todo, e a somnolencia seguía instalada en mín!!!,  o derradeiro disfraz agardaba mentras comeza a conta atrás para o vindeiro ano: ¡¡¡QUE VIVA O ENTROIDO!!! 
 
Iste pasado sábado día 8 de marzo, celebrábase o DIA DA MULLER, e ademáis de considerar pola miña parte que elas teñen máis Paciencia, Intelixencia, Capacidade de Traballo, de Sacrificio e por desgraza de Sufrimento (xa me gustaría ver a min a algún varón na tesitura de parir), déixovos a maiores unhas frases da miña amiga e politóloga Iolanda Otero Barroso para que reflexionemos:
 
“Un ano máis chegamos á data do 8 de Marzo con pouco que celebrar e moito polo que loitar. De facto, son cada vez máis os dereitos que temos que reconquistar. Parece incrible pero hoxe máis ca nunca, as mulleres temos que pornos en pé de loita, como cada día, pola nosa liberación e case, supervivencia. "
Enlace ó Powerpoint do DIA da MULLERPINCHA AQUÍ


En cuanto me envíen las fotos las subo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario