Visitas

lunes, 3 de febrero de 2014

Resultados del fin de semana...

1ª Autonómica: Arenteiro - Taboadela, 3-0. El Arenteiro demostró con contundencia la superioridad sobre el Taboadela, hasta esta jornada 2º clasificado; el líder se sitúa a 7 puntos del verín, con 44 empatado a puntos con Nogueira, Taboadela y Ponte. Crónica de la COPEPINCHA AQUÍ

3ª Autonómica: Sporting Carballiño Jorigames - Ribadavia, 0-2. Justa victoria del Ribadavia que aprovechó perfectamente las dos ocasiones de gol que tuvo y ambas por fallos defensivos nuestros. Tras finalizar la primera  parte 0-0, la segunda se nos hizo cuesta arriba al no disponer de cambios y de los jugadores de campo dos muy tocados. El equipo dió todo en cuanto a esfuerzo y voluntad, pero no acompañó la fortuna. Una vez más dispusimos de ocasiones, pero todas ellas fueron atajadas por el buen portero visitante, Pablo, sin duda, junto con el delantero Edgar -2 goles-, los mejores del partido y los que con más acierto intervinieron. 

Con esta derrota se escapan las pocas opciones que nos quedaban por disputar el ascenso, con lo que únicamente nos queda competir lo mejor posible los partidos que nos restan y recuperar a los lesionados para ofrecer una mejor versión.

La próxima jornada visitamos al Razamonde.

Liga Gallega Juvenil: Arenteiro - Chantada, 5-3. Victoria importante de los de Mindo que se distancian a 5 puntos de los play off de descenso. Son 10º con 28 puntos.

Copa Juvenil: Arenteiro "B" - Antela, 2-3.

Copa Cadete: Ourense "B" - Arenteiro, 3-3.

Liga Gallega Infantil: Arenteiro - Colegio Hogar, 4-4. Segundo punto que arrancan los infantiles en esta liga y lo consiguieron ante el 8º clasificado, ¿punto de inflexión? ojalá, mucho ánimo.

Copa Infantil: Ourense "C" - Arenteiro "B", 2-2.

1ª Prov. Alevín: Celanova - Arenteiro, 0-0. Crónica de TatoÉrase unha vez unha mañá moi fría na vila de San Rosendo, na que as folerpas de neve, a choiva intensa e uns reconfortantes raios de sol, foron testemuña da particular lúa de mel na que se atopa o Arenteiro Alevín "A" nesta segunda volta da liga.

 De saída Castor alinea o seguinte 8: Casillas” Óscar na porta; un tridente defensivo composto por: “Tarzán” Anxo, “Ramos” Martín e “Comilón” Martín Fdez. Como centrocampistas: “R7” Raúl, “Torres” Dani e Yoel e na punta do ataque: Tato. Tamén participarían do xogo: Xosé, David, Héctor, Karla e o “fillo pródigo”: “Cristiano” Manu, que despois de conquerir o “Balón de Ouro”, e unha vez superadas as súas desavenencias con “Mouriño” Castor, voltaba novamente ó equipo para darlle a iste un plus de calidade.

O conxunto verde, a diferenza de anteriores partidos, saiu desorientado e confuso, costándolle adaptarse ás amplas dimensións do terreo de xogo e ó estado do cespede de herba natural do mesmo; ésta circunstancia foi aproveitada polo Celanova para encerrar ó Arenteiro no seu campo, impoñendo un ritmo e unha intensidade que presaxiaban a inminencia dun gol en contra dos verdes, que por fortuna non aconteceu...pouco a pouco o equipo foise desperezando da presión contraria, equilibrándose as forzas e as ocasións, unha moi clara no minuto 15 a favor do Celanova, que en xogada de falta ensaiada fan lucir ó meta carballinés cunha excelente intervención e un minuto máis tarde Yoel tivo á oportunidade de poñer por diante ós da Vila do Arenteiro, pero o seu remate de cabeza á saida dun córner era atallado polo sobrio gardameta celanovés.


No segundo tempo os de Castor iban dispoñer moi cedo da primeira ocasión de gol, cando “Ramos” Martín remataba de cabeza a bocaxarro un saque de esquina de Raúl, que era repelido polo gardamais contrario; o equipo, máis pendente de defender que de atacar, non estaba a pasar por serios apuros, cunha infranqueable liña defensiva na que destacaba un “imperial” “Ramos” Martin, un seguro de vida para o seu equipo, secundado en todo momento por uns sólidos e fiables Anxo e Martín Fdez., fiando o aspecto ofensivo ó contragolpe que partía dos pés de Manu e Xosé, protagonistas da xogada clave do encontro que logo comentarei...


O partido discurría coa sensación de que o primeiro que marcara se levaría o gato á auga, posibilidade que tivo o Celanova no minuto 20, cun disparo dunha falta ó borde da área, á que “Iker Casillas” Isra respostou cunha extraordinaria parada que non era nada doada de realizar debido ó estado resbaladizo do campo; e xa cando todo parecía abocado a un resultado sin goles (como finalmente aconteceu), ocurriu o seguinte: balón en profundidade para a carreira de “Cristiano” Manu, que se desfai do seu par, prántase diante do porteiro, e nun xesto de xenerosidade cede o balón a Xosé que, incomprensiblemente, e ante o asombro e a sorpresa xeralizada da parroquia verde, falla un gol cantado a porta baleira, ó estilo do de Cardeñosa ante Brasil no Mundial de Argentina ou o máis recente de Julio Salinas ante Italia no Mundial de EEUU; era o derradeiro minuto do encontro e suporía os tres puntos para o Arenteiro, circunstancia que non empaña en absoluto o sacrificio e o esforzo realizado polo equipo nesta segunda metade; “non pasa nada Xosé, na seguinte xornada terás a oportunidade de resarcirte”.



Ó remate do encontro Castor mostrábase satisfeito co rendemento do equipo e co seu estado anímico, motivado, opinaba él, por estar invictos dende a segunda xornada desta volta, o que da moral e confianza ós rapaces para afrontar os partidos con outra mentalidade. ¡¡¡que siga a racha!!!


Ah!, xa se me esquecía, Carolina, a nai de Héctor, volveu dar mostras da súa xenerosidade ó obsequiar ós rapaces durante o descanso e o final do partido, cun reconfortante chocolate acompañado de galletas "Cuétara", e boas que estaban...que eu tamén rillei unha.

Despois de ler e escoitar nos medios de comunicación as últimas novas sobre corrupción, enchufismo, prevaricación, trato de favores, compra de vontades, etc, que salpica a políticos de distintos cores e partidos, non me extraña que a xente teña a sensación de que “todos son iguais”, e que en vez de servir ó pobo, o que están é servíndose e eles mesmos e ós seus intereses...sinceramente coido que toda xeralización é inxusta e que realmente hai persoas honestas con vocación de servizo público...aínda que para atopalas haxa que rascar un chisco." 

2ª Prov. Alevín: Arranxar - Arenteiro "B", 3-2.

2ª Prov. Benjamín: Arenteiro - La Purísima, 1-2.

Os dejo con la mala noticia del fallecimiento de un joven en el País Vasco, en el trascurso de un partido de 3ª Regional. Descansa en Paz Urtzi. (Ver noticia)

3 comentarios:

  1. QUE TRISTE OS COMENTARIOS DA COPE SACANDO PEITO COMO SE O ARENTEIRO ESTIVESE FACENDO UNHA MACHADA CANDO TEN MAIS PRESUPOSTO QUE 15 EQUIPOS DA CATEGORIA XUNTOS. E O PIOR É QUE O PRÓXIMO ANO OS LUMBRERAS DA DIRECTIVA VAN DIRIXIR A ESCOLA DE FUTBOL, SE XA ESTÁBAMOS MAL.... INDA NON TOCAMOS FONDO.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola, penso que hai que recoñecerlle un bo traballo, sobre todo ó entrenador, un completo descoñecido na comarca e a priori con pouca experiencia; visto o traballo semanal, a preparación dos adestramentos e a su rigurosidade na preparación dos partidos, cónstame que a intensidade e profesionalidade é transmitida ós xogadores. O seu mérito ten combinar xogadores novos saídos da escola -Pachi, Óscar, Canexón- con outros de fóra. Outra cousa é no ámbito económico, algo que se verá a finais de temporada cando se rindan contas e máis alá, outra cousa será a vindeira tempada e as expectativas ou obxectivos que se marquen...o da Escola de fútbol a min causame tristeza que aínda hoxe, despois do do ano pasado, aínda non se teña claro qué facer con ela; parece que a postura do Concello e deste grupo de Goberno é alixeirar peso, pero os pais e a xente do fútbol base deben valorar os pros e contras de voltar a formar parte da estructura deportiva do Arenteiro sendo coñecedores dos antecedentes. Desde este espacio aportamos o exposto outras veces: Primar a formación e que a base sexa completamente independente no plano económico, do primeiro equipo...

      Eliminar
  2. «Mírenme. No hemos venido a perder. Nos han dado por todos los lados y aquí estamos. Y si estamos es para ganar. Ustedes son un equipo cojonudo y la gente lo tiene que saber de verdad. Y la verdad es para los que ganan».

    Reroducindo as palabras de Luis Aragones, e recoñecendo a labor dos pupilos de Castor y do mister, todo hai que decilo, .......ANIMO RAPACES....

    ResponderEliminar