Visitas

lunes, 13 de mayo de 2013

ARENTEIRO "B" 3 - RIBEIRO "B" 4 (Alevín)


Acabo de chegar da Estrada e o estado de ánimo non é o máis axeitado para enviar a crónica despois de observar como ó Arenteiro se lle escapaba (con toda seguridade) o último tren para continuar na Preferente; enviáronme algún whatssap de ánimo e eu contesteille que teño tantas esperanzas na salvación como que o ministro do interior acuda a unha manifestación do orgullo gay...
En fin, esperemos que para o ano se faga un proxecto con sentidiño e cabeza, e gustaríame dunha vez por todas que se asentaran as bases para o futuro, e que iste pasara irremediablemente pola ESCOLA MUNICIPAL DE FÚTBOL, que van sendo horas que comeze a dar os seus froitos no PRIMEIRO EQUIPO DA VILA, quizás agora non sexa o momento nin o lugar para iste tipo de reflexións pero "UN" que leva o escudo grabado no corazón, foron moitos anos defendendo esa camiseta (nas castegorías inferiores) e ise clube (co SPORTING) e doime na alma...

Arenteiro sae de inicio con:
"Casillas" Isra na portería
"Tarzán" Anxo, "Ramos" Martín e Yoel na línea defensiva
"R7" Raúl, "Torres" Dani e Zaide no mediocampo
e "Cristiano" Manu en punta.
Tamén xogarían niste primer tempo Tato, Álex e Germán.
Moi cedo tivo o Ribeiro dúas opotunidades de gol, desbaratadas polo longueiro e un inspirado Isra.
No Minuto 4 Dani envía en profundidade un pase a Raúl e iste fai o primeiro para os verdes.
No minuto 10, empata o Ribeiro ante a pasividade da defensa local, e no minuto seguinte ó saque de córner fai o segundo nunha desgraciada xogada porque o balón toca en Raúl e despista a Isra. 1-2 .
Nos primeiros 15 minutos o Arenteiro atopábase espeso, deslabazado no seu xogo e as líneas moi separadas, sendo Manu un oasis no deserto, pero todo cambiaría cando Martín no 16 executa unha falta que supón o empate e a partir dise intre e ata o final o Arenteiro adueñouse do encontro, acorralando ó rival na súa área pero sin fructificar as ocasións.

SEGUNDA PARTE
Troco na portería, "Diego Alves" Pablo, e tamén apuntalarían a defensa con vigor e entusiasmo Karla e Héctor.
O Ribeiro anotaría o 3º no minuto 4, e Héctor salva debaixo dos paus no minuto seguinte o que ben puido ser o 4º, e a partir diste insntante comezaría unha especie de carrusel ou montaña rusa, un tío-vivo sin fin, derroche de fútbol e ocasións por partes dos verdes, imprimíndolle un ritmo, unha intensidade, unha fogosidade,  que se convertiu na mellor segunda parte de toda a temporada, aderezado todo isto con un "Cristiano" Manu colosal e estelar,
máis Cristiano ca nunca, simplemente sublime, erixíndose no aunténtico líder do seu equipo con un repertorio de regates, driblins, arrancadas pola esquerda, pola dereita, pases, controles, e o clímax final con un golazo no minuto 16 que fixo enloquecer os aficionados locais, sendo o empate a 3, anteriormente o equipo xa dispuxo de un tiro o longueiro de Dani e unha dobre ocasión de Zaide diante do porteiro, pero como diría Di Stefano: "cuando la vieja no quiere entrar no hay manera..."
E nisto que na única vez que os do Ribeirio se atreven a sair da cova, nunha xogada aillada, aparentemente sen perigo fan o 4º.
A grandeza e a miseria diste deporte conxugouse nise instante, un equipo valiente volcado ó ataque, e outro temeroso e agazapado na súa área que cun golpe de máis ou menos fortuna se leva inmerecidamente o choque, e a cara de tonto que che se queda, pero como ben me decía O Toni de Dacón (defensa aguerrido do San Amaro nos seus tempos), e tío de Anxo (na actualidade): " ASÌ É O FUTBOL".
E para máis inri, Martín ve como o porteiro visitante realiza unha extraordinaria intervención a tiro de falta, enviando o balón a córner, no último suspiro do encontro...

PORCA MISERIARAPACES HAI QUE QUITARSE O SOMBREIRO ANTE O ESPECTACULO QUE NOS BRINDASTES ONTE POLA MAÑÁ, SI NA ANTERIOR XORNADA O PROTAGONISMO FORON AS 3 B: BOLUNTAD, BALOR Y BUEVOS, HOXE DELEITÁSTESNOS CUN FÚTBOL PRECIOSISTA E DE SALÓN.


Comecei a crónica sin apenas ánimo e abatido polo acontecido na Estrada, pero a medida que iba escribindo o semblante e a moral foi "in crescendo", e remato cun sorriso e desexándovos con antelación un FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicadas ó MAESTRO "VIDAL BOLAÑO", e un consello: IDE Ó TEATRO, É A FANTASÍA DA VIDA E NUNCA DEFRAUDA.    

2 comentarios:

  1. Bravo polo comentarista¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  2. Son unos cra .. muy bien echo chicos.. y cole pal comentarista ..

    ResponderEliminar