Visitas

domingo, 14 de abril de 2013

PABELLON 5 - ARENTEIRO B (ALEVIN) 1


Desprazámanos ata a ALDEA GLOBAL DE OURENSE, para xogar no CAMPO "MIGUEL ANGEL" DO PABELLON, o derradeiro partido desta competición de Copa contra un dos equipos que vai disputar o título.

O de hoxe era un partido no que tés moito que gañar e pouco que perder, polo que a priori a presión recae no teórico máis forte e así, con gallardía, foi encarado o mesmo  por parte dos  "THE CASTOR BOYS".

O ARENTEIRO sae de inicio con:
Porteiro "Casillas" Óscar, na defensa Yoel, "Ramos" Martín e David,
No medio campo "R7" Raúl, "Torres" Dani e Zaide e na punta "Cristiano" Manu,
Tamén xogarían niste primer tempo Tato e Álex.



O Arenteiro sae sin complexos ó campo, con descaro, valentía e atrevemento, durante os primeiros doce minutos tivo ocasións de sobra para adiantarse no marcador, tres clarìsimas diante da porta contraria, unha de  Dani, outra triangulación de Raúl-Manu e Zaide, e ésta dispara por enriba do longueiro e de novo Zaide diante do gardamais non define con toda a portería para ela soa, pero así é o futbol..., cando perdoas e cando mellor xogaban os verdes chega o fatídico minuto 13 e o Pabellón tras unha brillante parede anota o gol, sendo o primeiro e único disparo á porta que tiveron na primeira metade.
Inxusto resultado para os carballineses que mereceron moito mellor premio nesta primeira parte ó tenor do xogo desplegado e as ocasións desperdiciadas.



No segundo tempo, troco na portería, entraría "Iker Casillas" Isra, e tamén participaron do xogo Héctor, Brandon e Karla "Essien".
Moi cedo terían os verdes a primeira ocasión, no minuto 2 , tiro de Manu e o rechace cae nos pés de Zaide que ca súa perna menos boa (a dereita), dispara e rexeita o porteiro do Pabellón.
Pero o Pabellón nesta segunda parte, ó contrario da primeira, comezou a chegar con máis perigo á porta de Isra, e froito desa insistencia chega no minuto 7 o segundo deles, rexeite de Isra e atentos marcan.
¡ATENCION! no mínuto 13 chega o gol do partido, e si me apuro un dos goles do campionato, o balón chega ós pés de "Cristiano" Manu, catro metros por diante da línea divisioria do campo, escorado á esquerda do mesmo, levanta a cabeza e invéntase un formidable disparo que se introduce polo vértice esquerdo da portería do Pabellón, ¡TREMENDO GOLAZO!, NIN O PORTEIRO QUE DA NOME Ó CAMPO, O MÍTICO MIGUEL ANXO SERÍA CAPAZ DE ATALLAR A IMPONENTE OBRA DE ARTE CA QUE  MANU NOS OBSEQUIOU ÓS AFICIONADOS QUE NO GRADERÍO NOS ATOPÁBAMOS. O APLAUSO DUROU UN BO RATO, A SÚA TÍA CANDI, EMBRIAGADA DA EMOCIÓN, NON PUIDO REPRIMIR O SEGUINTE COMENTARIO: "É UN XENIO" .

Con acións coma ésta é polo que vale a pena pagar unha entrada a un estadio, xogadas marcadas na memoria e na retina, coma as da QUINTA DO BUITRE, cando Butragueño pisaba a área, e facíase o silencio no BERNABEU, ou o MADRID DOS GALÁCTICOS, cando ZINEDINE ZIDANE, "bailaba" sobre o céspede con aqueles controles "imposibles" de balón, ¡que recordos...!
Podía rematar niste intre a crónica, cando como foi niste caso, un gol vale por cinco, cifra que á postre foi a que encaixamos, porque dende o mínuto 16 ó 21, en cinco minutos, o Pabellón espatelounos tres goles, podendo ser algún máis.
O Arenteiro niste segundo tempo veuse abaixo, exceptuando o mínuto 13 máxico de Manu, o resto foi un espexismo comparado co primeiro tempo, estivemos faltos de ritmo e intensidade, (achacado iste derrumbe quizais ó calor reinante, marcaba 20 grados o termometro do estadio), circunstancia que foi aproveitada polo Pabellón, xusto é decilo, para ofrecer un recital de toque e definición.   
Existen derrotas dóces e derrotas amargas, para os prágmaticos non deixan de ser derrotas ó fin e ó cabo, pero para os que nos consideramos románticos e idealistas, e o fútbol e a vida é algo máis ca un resultado, sensacións coma as que nos deixou o equipo no primer tempo ou a maravilla fabricada por Manu, reafírmanos na búsqueda da utopía e da esperanza, "GRACIAS EQUIPO POR PERMITIRNOS SEGUIR SOÑANDO".
 

PD: Esta denuncia, queixa ou reflexión vai para os que diseñan estadios o outro tipo de infraestructuras públicas: as persoas con minusvalía (neste caso física) tamén existen, e teñen dereito coma o resto a acceder as instalacións desportivas nas mesmas condicións e non sufrir as consecuencias dunha neglixente planificación urbanistica.    

2 comentarios:

  1. Moi boas as crónicas pero demasiado madriDista iste comentarista, o Madrid hoxe en día non é bo exemplo de nada.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. UN AMIGO DO CRONISTA15 abril, 2013 15:52

      ¿ti crees que é madridista?, pois a verdade è que non se nota...

      Eliminar