Visitas

domingo, 3 de marzo de 2013

Crónica "La Purísima - Arenteiro B" (Alevines)


LA PURISIMA 3 - ARENTEIRO ALEVIN B 8
Mañá fría no Carballiño cando saímos cara Ourense dende a Veracruz, pero cal é a nosa sorpresa ó toparnos cun clima casi primaveral nas instalacións do Campus Universitario onde se xogou o partido, maravillosa mañá para a práctica do fútbol ou para calquer outra actividade ó aire libre. 



Tivemos que xogar o partido con petos amarelos por a coincidencia de ambas camisetas de cor verde, O Arenteiro sae de inicio con:
Porteiro: "Casillas" Óscar, como defensas "Tarzán" Anxo, "Sergio Ramos" Martín e David. Como centrocampistas "R7" Raúl, Alex e "Iniesta" Zaide, e de ariete "Cristiano" Manu.
Tamén xogarían niste primer tempo "Cazorla" Dani, Tato e Brandon.


Non sei si foi porque xogamos co derradeiro equipo da competición ou pola calor que desprendía a herba artificial do campo, ou polos petos amarelos, ou porque os paxaros xa empezan a cantar..., pero nos primeiros 13 minutos de encontro o equipo fixo un fútbol deslabazado, con pouca intensidade, ramplón, sen mordente e contaxiándonos do xogo do rival, en fin, que non era o Arenteiro que agardábamos, pero cando tés calidade no equipo sucede que Alex no minuto 14 fai un pase medido ó oco a "R7" Raúl e iste fai o primeiro gol; e case celebrando o gol anterior, saca o equipo contrario do centro, roubo rápido de balón e Manu coa axuda de Zaide marca o segundo (minuto 15).
Minuto 17, trallazo de R7 ó longueiro e Zaide en boca de gol, falla cando na grada xa cantábamos o terceiro (isto supuxo que Zaide cando foi cambiada se cabreara consigo mesma por haber errado esa ocasión, lanzando o peto ó chan con vehemencia).
Minuto 21, córner ensaiado polos pupilos de "PAÇIENCIA" Castor, saca Raúl e "Sergio Ramos" Martín marca o terceiro. 


No segundo periodo, troco do gardamaias, entra "Diego Alves" Pablo e tamén xogarían Héctor e Martín Fdez..
Minuto 1, fallo defensivo dos verdes e gol da Purísima, como acontecera ó inicio do primeiro tempo o equipo saiu sin intensidade e adormilado, sendo o equipo contrario o que levou a iniciativa no xogo nistes primeiros intres, pero como dixen anteriormente si tes calidade e te chamas Manu acontece o seguinte:
Minuto 7, o balón chega ós pés de "Cristiano" Manu, e case dende o seu campo, fai unha espectacular galopada e lanza un disparo que se cola pola escadra visitante, sería o cuarto.
Recordounos na súa arrancada e definición ó GRAN RONALDO NAZARIO DE LIMA,
Minuto 9, de novo Manu, prántase diante do porteiro e cunha tranquilidade pasmosa, sen poñerse nervioso, e cun disparo raso bate ó porteiro, o 5 gol (non cabe dúbida que herdou os xenes do seu pai "Josiño" en toque e definición, e os do seu avó O Exclavo de Señorín en desparpaxo).
Minuto 13, Golazo da Purísima dende fóra da área ó que non puido facer nada o cancerbeiro Pablo.
Minuto 15, doble intervención de Pablo.
Minuto 18, Gol Olímpico de Alex, quita o corner e o esférico fai unha parábola introducíndose no segundo pau. O 6º para os verdes.
Minuto 20, gol de Zaide, o séptimo, resarcíndose así do fallo cometido no primeiro tempo, merecíao a rapaza que é teimuda coma a súa nai... (de novo, graciñas polo coxín, Chari)
Minuto 25, barullo na área contraria e David anotaría o oitavo.
E xa rematando o encontro, a rapaza do equipo contrario MARÍA (boa peloteira, por certo), marca o terceiro para o seu equipo.  
Destacar no encontro o Hattrick de "Cristiano" Manu e as galletas con que foron obsequiados os rapaces ó final do partido por parte da nai de Héctor, todo un detalle de xenerosidade pola súa banda (por certo, Manu levou ración dobre, é un rapaz con apetito, e non só cara ó gol...)


¡Ah!, xa case me esquecía, ¡hai que estar máis "atentas" ó partido!, isto vai por algúnha/as, nai/s, que lle preguntaron como iba o encontro e dixeron 1-2, e resulta que xa íbamos 1 a 5...

1 comentario:

  1. Bravo polo cronista.
    Cada detalle conta e ainda que un non esté no campo vendo o encontro pode imaginalo.
    Animo rapaces.....e animo o comentarista.

    ResponderEliminar