domingo, 10 de marzo de 2013

Crónica Arenteiro "B" - Velle "B" (Copa 2ª Alevín)


ARENTEIRO "B" 5 - VELLE "B" 0
 
Partido en horario inusual, (para nós), ás 5 da tarde na Uceira, porque case sempre xogamos pola mañá, o que se agradeceu, sobor de todo ás nosas neuronas, xa que non tivemos que darnos os madrugóns habituais de cada sábado.

Ceo revolto, con múltiples e variadas tonalidades, con choiva persistente, o sol que asomaba de vez en cando, e cun ARCO DA VELLA que nos acompañou case todo o encontro, representando unha alegoría da nosa realidade actual. Coincidimos á mesma hora e no mesmo terreo de xogo, co Alevín "A" de Ramón Dacosta, e con idéntico número de goles a favor, xa que o "A", gañou ó Pabellón Promesas por 5 - 3. 

O Arenteiro sae de Inicio con Isra na porta, unha línea defensiva composta por "Tarzán" Anxo, "Ramos" Martín e Brandon, como mediocampistas Tato, Alex, e "R7" Raúl (hoxe ca camisola do 10 á espalda), e na punta do ataque Dani. Neste primeiro tempo tamén xogarían "Cristiano" Manu, Zaide e Héctor. Moi pronto se adiantarían os verdes no marcador  e xa no minuto 2 do encontro, triangulación entre Dani que pasa a Tato e iste a Raúl para que abra o marcador. 1-0.
Minuto 4, Raúl recibe na banda esquerda e manda un latigazo dende fóra da área que se cola polo lado esquerdo da portería contraria. O 2-0.

Minuto 6, falta lateral que quita Martín, o balón toca no longueiro e cae nos pés de Raúl que cede a Tato e iste non acerta a introducir o esférico na porta rival.
O partido transcurría sin que ningún dos dous equipos tivera o control do mesmo, insulso e monótono por momentos, coa sensación como me comentou Fernando o pai de Zaide, que o Arenteiro se "deixara ir", unha vez transformado os dous primeiros goles, e case que tiña razón no seu comentario, pois nada salientable aconteceu de aquí ó final do remate do primeiro tempo, con un Isra seguro baixo paus e sen grandes sobresaltos sobre a área verde.

Comeza o segundo tempo, co troco de "Casillas" Óscar por Isra, entrando tamén niste segundo tempo Karla (con unhas chamativas botas de cor amarelo) e Martín Fernández.
Minuto 4, gran pase de Zaide a Raúl, e extraordinaria intervención do meta contrario que evita o 3 de Raúl.

Minuto 5, bolea de Álex ca súa perna esquerda, toca no poste e o rexeite chega ós pés de Zaide que intenta zafarse dun contrario e na disputa do balón cae o chan e o trencilla pita penalty, "bastante riguroso" era o comentario que se escoitaba nas bancadas da Uceira por parte dos siareiros do Velle, e con razón...
O penalty é lanzado pola propia Zaide, que, enganando ó porteiro, sube o terceiro ó marcador.
Minuto 10, contragolpe perigoso do Velle, que é abortado por un incomensurable "Ramos" Martín.
Minuto 16, tiro de Álex e "Cristiano" Manu atento ó rechace marca o 4º.
Minuto 18, pase de Zaide e gol de novo de "Cristiano" Manu, o 5º. Iste gol igual que o anterior, serían dedicados á súa tía, "A CENIZA", que hoxe veu ver o encontro e así disipar todo tipo de dúbidas sobre a súa condición de "GAFE", (igual hoxe foi o partido da excepción que confirma a regra, esperamos e desexamos que non...polo ben do equipo. "BICOS TÍA CANDI").
E xa rematando o encontro, minuto 23, a mellor ocasión de todo o partido para o equipo do Velle, que é desbaratada por un inspirado "Casillas" Óscar, e a renglón seguido o árbitro pita o final, por certo moi riguroso co cronòmetro, sen descontar apenas segundos, ¡sería polo aguaceiro que nises intres estaba "descargando " sobre a Uceira  e o rapaz non tiña ganas de mollarse máis...!  


Partido serio dos pupilos de "Castor", sobre todo en defensa, con un imponente "Ramos" Martín que, como dirían os arxentinos, convertiuse no auténtico "cacique" da área, serio e resolutivo todo o encontro, sendo un pesadelo nas faltas a balón parado para o equipo contrario e tamén destacar a unha das nosas rapazas,  Karla, que no tempo que estivo sobre o rectángulo de xogo mostrouse coma un zagueiro implacable ¿sería polas botas novas?.

E como non vai ser todo fútbol, non quero despedirme hoxe sin facer un breve comentario sobre a conmemoración do día da muller, o venres 8 de marzo, aportando o meu pequeno homenaxe á súa figura, con tres viñetas do "ROTO", para que, sobre todo os homes, reflexionemos sobre a nosa actidude e conducta actual, sendo incomprensible e moi inxusto que o 56% da poboación sexa do xenero feménimo e soamente un 20% da mesma ostente cargos de responsabilidade nos diferentes órganos de xestión tanto a nivel público como privado.

IGUALDADE REAL ¡XA!. EMPEZANDO POLOS NOSOS CATIVOS




2 comentarios:

  1. gracias por acordarte de nosotras.

    ResponderEliminar
  2. Arriba ese ramos (martin) !!!!! Amor de prima ;D

    ResponderEliminar