Visitas

lunes, 9 de marzo de 2015

Resultados en un triste lunes...

Muy buenas a tod@s...perdonad por la tardanza de pasaros los resúmenes, crónicas y fotos de este fin de semana, pero cuando me puse a la mañana con ello, recibí la triste noticia del súbito fallecimiento de Sumi, ex-jugador del Arenteiro entre otros, natural de Cortegada, y jugador muy querido y conocido en toda la provincia de Ourense. A la cabeza, como en todos los casos tan fatales y repentinos, me vienen los recuerdos, y se hace complicado el día, pero como siempre nos quedarán para la memoria los buenos recuerdos que dejan este tipo de personas; en mi recuerdo queda un jugador noble, alegre, bromista con los compañeros y siempre a disposición de los colores que defendía, un ejemplo a fin de cuentas. Aprovecho este primer párrafo para mostrar mis condolencias a los más cercanos y el ánimo y apoyo, junto con los mejores deseos y fuerzas para afrontar el futuro, sobre todo por esos dos pequeños que deja, descansa en paz "SUMI".

No me voy alargar en los comentarios, perdonad, pero no tengo humor, salvo en las crónica que Tato y Pili ya me enviaron ayer domingo...

Preferente Sur: Portonovo - Arenteiro, 0-1. Daba el Arenteiro la sorpresa y asaltaba el campo de Baltar. Victoria con gol de Sanginés tras una buena combinación con Martín Pérez.

Crónica de la COPEPincha aquí.

3ª Autonómica: Os Chaos - Sporting Carballiño, 0-5. Fácil victoria del Sporting ante el colista de la categoría. Goles de: Champi (3), Roger y Anxo Suárez. Todos en el primer tiempo.

Tarde de sol y calor en Amoeiro
Liga Gallega Juvenil: Arenteiro - Sárdoma "B", 1-0. Victoria de los de Mindo que se mantienen en la zona alta de la tabla. Gol de Tomás.


Copa Juvenil: Arenteiro "B" - Ourense "C", 1-4.

Copa Cadete: Allariz - Arenteiro, 1-0.



Copa Infantil Gr.B: Arenteiro - Nogueira de Ramuín, 10-0. Crónica de Pili: "Mañá soleada de domingo, un día no que as mulleres tomamos protagonismo na sociedade na que vivimos, aínda que hai moito que mellorar para equipararnos ós homes, e máis recordando as declaracións que fixo no seu momento o Obispo de Alcalá Henares pedindo que lle quiten o dereito a votar ás mulleres. Toca seguir loitando por a igualdade de dereitos, real e efectiva.

Tamén no rectángulo de xogo as nosas rapazas Zaide e Karla tomaron hoxe protagonismo "parabéns ás dúas". O Arenteiro sae de inicio con: Mario baixo paus; defensas: Mateo, Jesús, Martín e Zaide; medio campo: Luigi, Xosé e Álex e como dianteiros: Karla, Adrián e Raúl. Os goles niste primer tempo foron de: Martín, Raúl, (2) Adrián e ÁlexDende o minuto 11 ó 21.


No segundo tempo Josiño, saiu do vestiario con tódolos cambios: Mateo ocupa o lugar de Mario; Jacobo en defensa; Dani Gallego e David no medio campo e Manu e Tato como dianteiros. Os goles foron de:(3) Adrián, Tato e Xosé, marcados en 20 minutos. O colexiado diu por rematado o partido uns minutos antes do debido.




Ó remate do encontro cantámoslle o cumpreanos ó noso centrocampista Xosé que estaba de aniversario. "Parabéns Xosé".

Copa Infantil Gr.C: Allariz - Arenteiro "B", 2-4. Crónica de Tato: "De novo madrugón para acercarnos a terras alaricanas, o sol comezaba a desperezarse pero insuficiente para aumentar a temperatura desta fría mañá nas instalacións deportivas do Seixo, que por certo, menuda envexa!!!, cando observas o complexo que teñen alí montado os de Allariz, cáeche a alma ós pés si o comparas coa nosa "Uceira": un campo de herba natural, e dous de herba artifical,  e aquela cafetería acristalada dende a cal observas o partido con total comodidade, cun graderío ben situado a ambos lados da mesma...en fin agardemos mellores tempos e que os futuros gobernantes carballineses se deixen de mirar o seu ombligo e teñan (aínda, que sexa en parte), como referencia e espello ó GOBERNO DE ALLARIZ, que foron capaces dende o ano 1989 ata o de agora de mudar de forma "radical"  e con indudable éxito o seu Concello, ¡¡¡para que despois se diga que as revolucións non serven para nada...!!!


O Arenteiro sae de inicio con: Óscar na porta; na defensa Yoel, Martín, Xosé e Raúl; no medio campo Tato, Álex, Dani, e David, de enganche Manu e na punta do ataque Héctor. No banquillo, xunto a Pana, atopábanse: Rafa, Iago e o porteiro Isra. Botar en falta a garra, loita e compromiso do defensa daconense Anxo, que por culpa dunha tendinite no seu nocello, non puido participar niste encontro...¡recupérate canto antes campeón! 
Moi cedo se poñía o partido de cara para os de branco (xa que hoxe lucíamos esa vestimenta), cando nada máis sacar de centro, roubo de balón, internada de Tato na área, e iste era arrollado por dous defensas alaricanos e o árbitro decretada penalty; lanzaba Manu con maestría para face-lo primeiro dos carballineses cando aínda non se levaba un minuto de xogo. No minuto 10, falta que executa Raúl dende a dereita, o rexeite cae nos pés de Martín que se adentra na área, chuta con forza, o porteiro non da atallado o balón debido á potencia que levaba e Xosé, atento ó rexeite, fai o segundo. Prometíamolas moi felices despois diste prometedor arranque de pártido...pero nada máis lonxe da realidade, a partir dise intre o Allariz faise co control do partido e goza de múltiples ocasións para acortar o resultado e así sucedeu no minuto 18, ó saque dun córner, no que a defensa verde "estivo pensando nas musarañas" (1-2). O Allariz merecía iste gol por xogo e oportunidades creadas. Un Arenteiro deslabazado, falto de ritmo, que non conseguíamos dar dous pases seguidos e o mellor que podía acontecer é que finalizara canto antes iste primer tempo, como ben dixo Amador(o pai de Martín) unha vez rematado iste: "tivemos  a Deusa Fortuna do noso lado".

SEGUNDO TEMPO.
Troco no Arenteiro, o porteiro Óscar cede as luvas a Isra, e enfúndase a camisola de atacante, parece que as gañas e ambición de Óscar contaxia ós seus compañeiros ¡¡¡será o bo producto da CARNICERÍA FERRADAS DO IRIXO que dá enerxía!!!, que polo menos xa viamos outra actitude no campo; e outra frase "mítica" de Amador cando dixo: "Aer si os fillos collen a raza das nais", e iso parece que aconteceu. No minuto 6, Álex, atento a unha perda de balón do equipo contrario ó borde da área, define cunha preciosa vaselina ante a salida do porteiro. (1-3). No minuto 10, Héctor realizaría un soberbio disparo que acaba golpeando no longueiro, destacar o partido que fixo hoxe o bobarense, faxándose coa defensa contraria durante todo o partido.

Mentras, o Allariz tamén seguiu intentando rasea-lo balón e chegar con perigo á área de Isra, pero as acometidas xa non eran tan perigosas coma no primeiro tempo, aínda así tiveron un disparo ó poste no minuto 15, que foi respondido cinco minutos máis tarde por un disparo lonxano do porteiro/atacante ÓSCAR que supuxo o 4º para o seu equipo, máxima efectividade do porteiro, cando xoga de dianteiro fai como mínimo un gol (tiña que tomar nota o noso Cristiano Ronaldo, que leva dun tempo a esta parte que non está o home tan atinado, ¿será o mal de amores?, fago este paréntese porque me acabo de enterar que perdimos na Catedral ante o Atletic de Bilbao e moito me temo que imos a perder tamén o liderato...pecho paréntese).

Faltaban vinte minutos para o remate e todo parecía sentenciado, incluso o partido deixaba de ter interese, e os comentarios na bancada visitante (na nosa) versaban máis sobre moda, celebracións nupciais e temas do máis variopinto, que sobre o propio partido, como mostra a pregunta que me fixo unha nai: ¿seguimos 1-4 ou marcamos outro?, ¡¡¡non, seguimos igual!!!. "Ah vale, os invitados á boda van ser máis de 400...e non podemos levar parella".
O Allariz, no último minuto, maquillaría un chisco o resultado ó anota-lo segundo.

Mañá domingo 8 de Marzo, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLERTódolos anos por esta data se reivindica máis ou menos o mesmo: Igualdade de trato salarial e social, compartir tarefas domésticas e cuidado dos nenos, conciliación da vida familiar e laboral, maior presenza en postos directivos e de responsabilidade en todolos ámbitos, erradicación das conductas machistas...en fin levo máis de 25 anos pensando o mesmo: "QUE UNHA MULLER TEN MAIS CAPACIDADE DE TRABALLO, DE SACRIFICIO, E POR DESGRAZA DE SUFRIMENTO CA UN HOME" (xa me gustaría ver a algún ter que parir), e para que esos logros sexan visibles non queda máis remedio que asumir que un porcentaxe moi alto de responsabilidade para que eso ocurra recae en Nós, "OS HOMES", polo tanto só me queda por decir: "GRACIAS POR TODO".


1ª Prov. Alevín: Calasancio - Arenteiro, 10-3.

Copa Alevín Gr.C: Arenteiro "B" - La Purísima, 1-9.

2ª Prov. Benjamín Gr.42: Arenteiro - Pabellón Promesas "B", 3-5.

2ª Prov. Benjamín Gr.41: Arenteiro "B" - Antela "B", 3-5. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario