Visitas

lunes, 23 de febrero de 2015

Resultados del fin de semana

Mal fin de semana con bastantes derrotas para nuestros equipos, salvable únicamente por los mayores y los más pequeños...El Arenteiro vencía en su visita al Pontellas por la mínima (1-2), mientras que el Sporting, en un partido trepidante en cuanto a movimientos en el marcador, vencía no sin sufrir al Peroxa "B" tras ir por debajo en el marcador 4-2, con el 4-5 final; mientras tanto, de la misma forma, tanto el Benjamín A como el B, vencían 1-4 y 5-1 respectivamente en sus enfrentamientos contra A Peroxa y Ribeiro.

Perdían por lo tanto, el Juvenil A, el Cadete, los Infantiles y los Alevines.


Preferente Sur: Pontellas - Arenteiro, 1-2. Tras una primera parte en la que el Pontellas llevó el peso del juego y se adelantó en el marcador, los verdes se repusieron en la segunda y con más convicción remontaron el partido con goles de Martín Pérez y Quiroga con un poco de fortuna tras desviar un centro la defensa local que acabó en el fondo de la red. El Arenteiro pone tierra de por medio ante un rival en la lucha por la permanencia.

Crónica de la COPEPINCHA AQUÍ.

3ª Autonómica: A Peroxa "B" - Sporting Carballiño, 4-5. Intercambio de golpes en el cuadrilátero de O Marco del que el Sporting salió mejor parado por los pelos en una tarde de intensa niebla. 




Tras adelantarse a los 8 minutos de juego con gol de Chivas que remataba de cabeza una falta de Pintos desde el lateral, empataría el Peroxa con un autogol del propio Pintos en el intento de despeje de una falta local (min.12). 

10 minutos más tarde se adelantaba la Peroxa para empatar Champi en el min.30 de un extraordinario zurdazo ante el que nada pudo hacer el portero local más que recoger el balón del fondo de la red. Casi con el pitido del árbitro de esta primera parte se adelantaba de nuevo el equipo local, 3-2, en una primera parte en el que a los carballineses nos faltó intensidad defensiva y claridad ofensiva, ganando la Peroxa la disputa del balón y buscando el Sporting precipitadamente la portería contraria sin apenas elaborar juego.

En la segunda parte, sale el Sporting decidido a darle la vuelta al marcador como había hecho la temporada anterior, pero a los 10 minutos se encuentra con un jarro de agua fría y recibe el 4-2 que ponía muy cuesta arriba el partido.

A falta de media hora, y jugando el todo por el todo, se pasó a defensa de tres, acumulando más gente en medio campo que pudiera surtir de balones a los tres atacantes y salió bien; el Peroxa, a pesar de buscar las contras ante una defensa visitante menos poblada, no tuvo ocasiones claras, mientras que el Sporting daba sensación de un mayor peligro que fructificó con el 4-3, minuto 67 y el 4-4, min.81, ambos de Pintos

Sin perder la fe, de una falta de medio campo sacada rápidamente, el balón caería en los pies de Lema que anotaba con sutil temple el definitivo 4-5 que permite al Sporting mantener la 4ª plaza de la categoría y, tras la derrota del Cenlle ante el Ribadavia, escaparse en la lucha por el ascenso en la que todavía tiene por encima al Barra de Miño a 3 puntos.


Foto dedicada al míster que no pudo asistir por el fallecimiento de un familiar.
Ficha del Juvenil "A"
Liga Gallega Juvenil: U.D. Santa Mariña - Arenteiro, 4-1. Sentaron mal los Carnavales al equipode Mindo que caía 4-1 en la apretadísima liga gallega juvenil. Con esta derrota pierden una posición en la tabla, quedando 4º con 39 puntos empatados con Comesaña y Arosa "B".

Copa Cadete: Calasancio "B" - Arenteiro, 4-1. Tras una muy buena racha de victorias, los cadetes perdía en Monforte en el Calasancio de una manera un poco excesiva para lo que sucedió en el partido. Los verdes mantienen la primera posición en la tabla con 24 puntos con 6 de ventaja sobre el segundo, el Allariz.


Copa Infantil Gr.B: Arenteiro - Ourense "B", 1-2. Crónica de Tato: "Madrugóns que tivemos que darnos iste fin de semana para afrontar os dous partidos dos infantís, e si a isto lle sumamos o cansancio e as poucas horas de sono por mor do Entroido, os resultados negativos, unha certa idade na que tés que comezar a cuidar o fígado, o corazón...e a carteira, e o momento intempestivo no que estou realizando a crónica (perto das dúas da mañá), no que teño xa un párpado pechado e o outro a punto de facelo, non respondo pola calidade e claridade do que vou a expoñer...

Comezemos polo sábado:
Recibiamos na Uceira ó lider da categoría, o "outrora" Ponte, ó cal si gañábamos estaríamos moi preto de igualar na clasificación, pero si perdíamos dábamos por finiquitado o sono de ser campións a falta de catro xornadas para o remate da competición...e por desgraza isto último foi o que aconteceu.


O Arenteiro sae de inicio con: Mateo baixo paus. Na defensa, Yoel, Martín, Jesús e Raúl. No centro do campo, Xosé, Dani e Álex e o tridente ofensivo con Tato, Adrián e Manu. No banquillo atopabánse Zaide, Jacobo, Luigi, Javi e o Porteiro/atacante Pablo, todos iles tiveron a súa oportunidade no segundo tempo.

Moi cedo se adiantarían os do barrio da Ponte, no minuto 9, aproveitanse dun balón mal rexeitado pola defensa verde para marcar o primeiro. Os verdes reaccionarían con dilixencia e dous minutos máis tarde, unha falta sobre Adrián é executada con maestría por Martín, o porteiro non atalla nun primeiro intento debido á potencia e colocación do disparo, e Adrián atento fai o empate para os carballineses. Os primeiros 25 minutos foron de toma e daca, cun Ourense que intentaba manexar o esférico e cun Arenteiro que ben asentado na liña defensiva non pasaba serios apuros, pero pouco a pouco o líder foise adueñando de máis parcela de terreo, e fíìxose dono e señor do encontro imprimindo un forte ritmo ó que o Arenteiro a duras penas diu contrarrestado con esforzo e sacrificio de tódolos seus homes, emerxendo a figura dun omnipresente Jesús que taponou as vías de auga que ían surxindo na defensa verde.

SEGUNDO TEMPO
Iste periodo iba comezar con susto para os de Josiño ó estrelar un balón no longueiro na portería de Mateo, e na seguinte xogada un preciso e precioso pase de Dani para Adrián, e iste coa súa habitual potencia e velocidade, vaise da defensa albinegra, regatea ó porteiro e un pouco escorado ó flanco esquerdo, o seu disparo pasease por diante da liña dos treus paus, cando semellaba que se ía introducir nela, para desesperación da hinchada carballinesa, que xa festexaba o gol que  houbera cambiado o sino do encontro.

Niste segundo tempo o Arenteiro equilibrou as forzas e tuteou ó lider, que xa non foi tan fero como na primeira parte, as ocasións eran escasas por non decir que inexistentes, e a loita desenvolvíase encarnizada no mediocampo no que ningún dos dous contrincantes cedía terreo, e nisto que faltando 6 minutos para o remate do encontro, cando todo parecía que ía finalizar en tablas, chega a xogada desafortunada por non decir "tonta" do partido, prodúxose unha especie de "melè" na área local, o balón non se lograba despexar pola defensa verde, que lle chega de rebote a un dianteiro pontino que case sen querer marca o segundo e definitivo para o seu equipo. Mazazo e auténtico xarro de auga fría para o Arenteiro que vía como se lle escapaban tres puntos no último suspiro, os derradeiros arreóns do equipo verde a cargo dun colosal Martín foron infructuosos.


Dende a primeira volta e a cargo diste mesmo adversario, o Arenteiro non sufría unha derrota, no que o máis xusto a tenor do visto sobor de todo no segundo tempo houbera sido un empate, aínda que todo hai que decilo o Ourense demostrou ser un líder sólido e fiable e o mellor equipo ó que nos enfrontamos ata o momento, e só cabe felicitalos.

O que acontece istes días con Grecia, non deixa de ser unha metáfora da realidade actual, independentemente dos desmanes e saqueos dos dirixentes helenos, que os houbo; o que non se pode é asfixiar e triturar a unha poboación ata despoxala de todo dignidade, os máis poderosos deberían tamén pensar nos máis débiles e non só en "engordar" os seus resultados de explotación, aínda que como me dixo un vello do meu pobo: "non lle deas tantas voltas á cabeza, os ricos necesitan ós pobres para seguir sendo ricos".

Copa Infantil Gr.C: Calasancio "B" - Arenteiro "B", 1-0. Crónica de Tato: "Sona o reloxo ás oito menos cuarto da mañá diste domingo, bendita gracia me fai levantarme, pero non queda outra...alomenos ata que poda valerse pola súa conta ou veñan a buscalo, en fin, a Monforte fomos para enfrontarnos tamén ó líder da categoría, aínda que iste, a diferencia do Ourense C.F., non demostrou as razóns polas que se encontra na cima da táboa, agás dun gran porteiro e algún que outro peloteiro.

Oito xogadores que o día anterior xogaron na Uceira co infantil A, volverían repetir no once de Pana, co sobreesforzo añadido de ter que disputar en tan pouco periodo de tempo dous partidos de tanta esixencia física e mental.


O Arenteiro sae con: Isra na porta. Na defensa, Yoel, Martín, Martín Fernández e Anxo. No Mediocampo Álex, Dani e Xosé e no ataque Tato, Manu e Raúl. No banquillo, Manu Coca, David, o alevín Iago, Fabio e o porteiro Óscar, todos iles tiveron a oportunidade de xogar no segundo tempo.

O primeiro tempo desenvolveuse sin apenas ocasións de gol por ningún dos dous equipos, o Calasancio intentaba leva-lo ritmo e o control do partido, pero sin crear perigo cara a porta de Isra, e pola súa parte o Arenteiro non tirarúa nin unha soa vez á porta niste periodo, no que o máis destacable do equipo verde foi o seu bagaxe defensivo.

O segundo tempo comezou cunha dinámica moi similar á do primeiro, o Calasancio daba a impresión de querer impoñer unha marcha máis pero sin logralo de todo e o Arenteiro seguía ben arroupado defensivamente, aínda que algúns dos seus homes comezaban a acusar o esforzo do día anterior. No minuto 25 chega o único gol do partido cando o dianteiro local por velocidade gáñalle a espalda á defensa verde e bate por alto a Óscar. 


Pana decide adianta-la posición de Martín a mediocampo e incluso a dianteiro, das súas botas saíron as ocasións máis claras do equipo, nun par delas por potencia e calidade estivo a punto de igualar o marcador pero foi en vano, o partido ía esmorecendo e coa sensación de que a única maneira de empatar sería por unha xenialidade do central garabanés...que non chegou.

A anécdota do partido prodúxese cando un ¿directivo? ou similar do equipo monfortino, instou á reporteira gráfica que abandonara a súa posición no espazo no cal estaba, seica porque estaba animando ó seu equipo, amenazándoa con chamar á Garda Civil para desaloxala, evidentemente ésta, fiel ó seu carácter indomable, negouse a tal requerimento, avalada, así mesmo, pola autorización do árbitro que lle permitiu seguir desenvolvendo a súa función...por suposto da Benemérita non tivemos noticias. É increíble cómo hai xente que confunde a autoridade co autoritarismo e con conductas que raian o mal gusto e a falta de educación...sorprende máis nunha persoa que o ano anterior tivera un comportamento modélico ó acompañarnos ó Hospital cando o noso rapaz nos dira un susto ó remate do partido; en fin, xustifiquemos a súa actitude pola tensión do encontro. 

* Mercareille un peto de PRENSA, para evitar estas situacións (Jordy).

"A prima do Tato, dándolo todo"
 Rematou a semana do Entroido, e a miña noraboa ás comparsas de Dacón, Maside e San Amaro, que coparon o podium no concurso carballinés, e a tódalas demáis por participar no mesmo e darlle colorido e ambente festivo, pero si que boto en falta máis animación e expontaneidade por parte da xente en xeral que é reacia a disfrazarse e a "transgredir" nestas datas e dame tristura ver que a noite carballinesa agoniza lentamente, agás os rapaces máis novos que non chegan ou están sobre a maioría de idade, o resto semella que puxo "pés en polvorosa" hacia outros lares...espero que se reinvirta a situación polo ben dos establecementos hosteleiros e polo pobo en xeral.

Tamén demando un pouco de sensibilidade ás autoridades locais e a gallo disto do entroido, e retiren o contedor de vidro que se atopa na praza dos liborianos a carón da súa placa, coido que non é o lugar máis axeitado e menos nestas datas que tivemos.

"VIVA O ENTROIDO CARBALLINÉS", XA QUEDA MENOS PARA O ANO QUE VEN...

1ª Prov. Alevín: EDC Celanova - Arenteiro, 6-3.

2ª prov. Alevín: Monforte "B" - Arenteiro "B", 8-2.

2ª Prov. Benjamín Gr.42: A Peroxa - Arenteiro, 1-4.

2ª Prov. Benjamín Gr. 41: Arenteiro "B" - Ribeiro, 5-1.



1 comentario: