lunes, 9 de febrero de 2015

Resultados del fin de semana...

Buenos resultados en general salvo para los más pequeños de la base  que saldaron con derrotas sus encuentros, hablamos de alevines e infantiles. Para el resto victorias a excepción del Arenteiro quién también la mereció pero acabó empatando frente al Valladares en Espiñedo.

Preferente Sur: Arenteiro - Valladares, 1-1. Empate que dejaba mal sabor de boca en la soleada tarde de ayer domingo. Anotaría en propia puerta el Valladares muy pronto, a los 5 minutos de partido, y posteriormente, los aficionados pudieron presenciar un monólogo en el que al Arenteiro se le escaparon los tres puntos gracias a las intervenciones del portero visitante y a un error puntual que le costó la expulsión a Pachi y el tanto de penalty que concedería a posteriori un punto para el Valladares.


Crónica de la COPEVer aquí


3ª Autonómica: Sporting Carballiño - Razamonde, 3-1. Partido disputado el sábado a la tarde-noche y en el que el Sporting tuvo que trabajar duro para sacar adelante los tres puntos. Antes del minuto 10 ambos equipos anotaban sus primeros goles, en el 4 Champi y en el 7 Alberto para el Razamonde, ambos en dudoso fuera de juego que no señaló el colegiado. Tras estos goles, ambos equipos gozaron de alguna oportunidad más, de forma más clara y con claro dominio del balón el Sporting, pero la falta de puntería local se hizo patente un partido más.

En el segundo tiempo, el Sporting continúa manejando el partido sin que los visitantes causaran peligro en exceso salvo en alguna jugada aislada. En el 52, un robo de balón en medio campo habilita a Suárez para asistir a Jordy que se incorporaba en ataque por la izquierda, quien ya dentro del área, recorta al defensor y con la "mala" bate al portero con un tiro a priori no muy fuerte. Este tanto daba tranquilidad y la posibilidad a Neira de mover banquillo para que gente un poco más fresca tratara de finiquitar el encuentro, algo que sucedió anotando de nuevo Champi ya en el minuto 80, pudiendo ser más amplio el resultado con alguna ocasión a mayores de Lema.

El próximo fin de semana no hay jornada por los Carnavales, será el 21-22 cuando el Sporting visite al Peroxa "B".

Ficha del Juvenil "A"
Liga Gallega Juvenil: A Seca - Arenteiro, 1-3. Clara victoria del primer equipo juvenil, que marca distancia con este rival y lo sitúa en la tercera posición a 6 puntos del 2º clasificado el Colegio Hogar. Los goles fueron anotados por: Adrián "Pol"(2) y Esteban.

Copa Juvenil: Arenteiro "B" - Velle "B", 4-1. Goles de Román (2), Jacobo y Marcos.

Copa Cadete: Arenteiro - Santa Teresita, 8-1. Clara victoria de los cadetes con goles de Pablo (2), Cibrán (2), Anxo (2), Alejandro y David. Los verdes son líderes sacando 6 puntos de ventaja al segundo, el Allariz y comandando con dos jugadores la tabla de goleadores, Anxo y Cibrán, con 13 tantos cada uno.

Copa Infantil: U.D.Ourense - Arenteiro, 1-4. Victoria a domicilio del infantil "A". Crónica de Tato: "Enfrentabámonos no campo dos Salesianos á U.D.Ourense (non confundir co OURENSE F.C., antigamente PONTE OURENSE, ¡¡¡Que manía isto de intentar ser o que non se é!!!, non sería mellor manter a esencia e o espíritu de sempre, o campo de sempre, o nome de sempre...en fin, estoume dando conta que o romanticismo está en desuso...; voltemos ó partido.


O Arenteiro sae de inicio con: Mario na portería; na defensa Raúl, "Ramos" Martín, Mateo e Jacobo; no mediocampo, "Toni Kroos" Jesús, Xosé e "Torres" Dani; no ataque, Tato, "leñador" Adrián e "Cristiano" Manu. No banquillo, ó carón do adestrador Josiño, atopábanse: "Iniesta" Álex, "Comilón" Martín Fdez., Zaide, Luismi e o porteiro/atacante Pablo.

O partido comeza cun Arenteiro que intenta levar o peso do partido, pero queda niso, nunha "intención", xa que o fútbol que estábamos presenciando non era para nada vistoso nin atractivo, as xogadas de ataque diluíanse sin chegar a concretarse en verdadeiras ocasións de perigo, incluso Adrián estaba o "home" algo espeso, máis aínda despois de levar un codazo involuntario que lle produxo unha ferida e un aparatoso vendaxe nos morros, tamén hai que decir que o Ourense non inquietaba os dominios de Mario, pero todo cambiaría cando no minuto 17, a defensa verde víase sorprendida por un atacante capitalino que gañándolle a espalda a ésta, enfilaba raudo e veloz cara o marco visitante e o porteiro Mario non tivo máis remedio que frenar a envestida cometendo unha falta ó borde da área, o que lle supuxo a vermella directa, a todas luces unha decisión acertada do colexiado. Mateo enfundaba as luvas de porteiro e voltaba ó seu habitat natural, o lanzamento maxistral da falta supuña o primer gol da U.D. Ourense.

Decía Helenio Herrera, mítico adestrador arxentino, apodado H.H. ou "el mago", que se xoga mellor con dez que con once, e visto o acontecido despois da xogada narrada anteriormente, non lle faltaba razón; o Arenteiro afrontaba máis de unha hora de partido en inferioridade, pero lonxe de amilanarse, sacou a relucir o seu orgullo e autoestima para darlle a volta ó marcardor...e vaia si o fixo; no minuto 27, roubo de balón na banda dereita de Tato, que é aproveitado por Adrián para ceder a Manu, e iste cunha fermosa vaselina bate ó porteiro local.


Tres minutos máis tarde, penalty a favor do Arenteiro, feito sobre Adrián (bastante dubidoso), e Manu con confianza e templanza fai o segundo dos verdes; parecía que con iste resultado iba finalizar o primer tempo, pero xa no desconto, o Ourense tivo unha falta ó borde da área similar á do primeiro gol, e esta vez era repelida polo longueiro e o rexeite a bocaxarro iba supoñer unha milagrosa intervención de Mateo, cando no graderío os siareiros da casa cantaban o gol.

SEGUNDO TEMPO.
No minuto 8 chegaría o terceiro do Arenteiro; fenomenal xogada persoal de Adrián, que encañona a súa perna esquerda dende o borde da área, que fai estéril a estirada do porteiro, un golazo!!!; A nai de Adrián estaba preocupada por si ela era a culpable de que hoxe non anotara o rapaz, a muller pensaba que era unha "ceniza" ou algo parecido, ¡¡¡pois non Rosa, xa ves, non eres ningunha gafe, podes vir as veces que queiras ver os partidos e disfrutar diste pedazo de xogador que tés de fillo!!!.

Xa no minuto 30, o gol da xornada ou mesmo me atrevería a decir do campeonato, cando unha falta a favor do Arenteiro dous ou tres metros antes da divisoria do campo, "Ramos" Martín ve ó porteiro adiantado e cun fenomenal e prodixioso disparo fai o cuarto para delirio da numerosa afición verde que alí nos atopábamos, tivemos que frotarnos os ollos para crer a maravilla que acabábamos de presenciar, menos mal que  quedou inmortalizado ante as camaras de Telemiño e así poderemos recrearnos na xogada cando a pasen pola tv.


Comezaba a soplar o aire do norte, e arrimámosnos a unha das columnas do patio do Colexio dos Salesianos para que nos dira o sol, e diuseme por ollar para o lado esquerdo no que se erixe o CENTRO COMERCIAL PONTE VELLA, e imaxinei o "pelotazo" urbanístico que se levou ó cabo nos terreos "eclesiásticos", e a hipocresía de la Santa Madre Iglesia, aínda que esta semana me reconfortou ler noticias coma ésta:

"El arzobispo de Valencia, Antonio Cañizares, ha propuesto vender algunos bienes patrimoniales de la Iglesia para atender a los pobres, así como dedicarles el 10% de los presupuestos de la diócesis y ha sugerido compartir viviendas para ayudar a madres solteras, gestantes o víctimas de malos tratos", ogallá que isto se levara a cabo e non que fóra simplemente un momento, como tantos outros de lucidez nunha homilia e se perderán no tempo, "como lágrimas en la lluvia".


Copa Infantil: Arenteiro "B" - Santa Teresita, 2-1. Crónica de Tato: "Madrugón na mañá diste domingo para  enfrontarnos a un dos líderes da categoría, o Santa Teresita; O sintético da Uceira totalmente xeado e os raios de sol que tímidamente comezaban a desperezarse, tapizaban con agarimo cada un dos rincóns do rectángulo de xogo...unha metáfora do que despois ía a suceder sobre o mesmo.


Seis dos titulares do día anterior que xogaron co Infantil A, volverían a defender a casaca verde nesta ocasión , foron o central Martín Vázquez, o lateral (hoxe reconvertido a interior) Raúl, os centrocampistas Xosé e Dani, e os dianteiros Tato e Manu; completaríase o resto do once inicial, con Isra baixo paus, o alevín Adrián de lateral dereito, Martín Fernández de parella de central do outro Martín, Anxo de lateral esquerdo e Álex de mediapunta, facendo de enganche con Manu. No banquillo, xunto ó Delegado Manu, estaban o porteiro Óscar, Karla, Héctor e os alevíns Yago e Diego.

Pana obtou inicialmente pola contención, coñecedor do potencial do adversario, texendo unha rede de centrocampistas para intentar ter a posesión do balón e a Manu como única referencia en ataque. O choque estaba sendo intenso e igualado, con gran despliegue físico por ámbolos dous equipos, os do barrio de Covadonga contaban con xogadores de maior corpulencia e oficio, o que lles otorgaba un certo dominio territorial.

No minuto  14, Isra tivo que desbaratar unha inmellorable ocasión visitante ó quedar o dianteiro blanquinegro ante o porteiro local, pero emulando a Gary Cooper en "sólo ante el peligro" e con sangue fría, soupo aguantar e taponar cos seus pés o tiro que levaba "marchamo" de gol. No minuto 26, gran pase de Dani ó oco, e Tato, gañándolle a espalda á defensa contraria, desfaise do porteiro visitante e coa súa perna esquerda logra o primeiro tanto para os verdes. De aquí ó final diste primeiro periodo o Arenteiro soupo conter as embestidas visitantes parapetados baixo unha férrea defensa liderada polo "garabanés" Martín.

O segundo tempo ía comezar cunha dinámica algo diferente á da primeira parte, cun Arenteiro máis descarado en ataque e adiantado algo máis a súa liña defensiva, froito diste plantexamento nacería o segundo gol dos verdes, cando Raúl cede o esférico a Martín (que se había sumado ó ataque), e iste cun tremendo chut dende fóra das dúas áreas, fai un auténtico golazo para gozo e disfrute da parroquia verde.   

O Arenteiro sentíase cómodo no "cuadrilátero", os golpes contrarios xa non facían tanto dano, e por puntos íbamos gañando o combate, de vez en cando o púxil contrario, asestaba algún zarpazo, como o realizado no minuto 20,  que obrigou a Óscar a empregarse a fondo cunha fenomenal estirada; no minuto 25, o alevín Iago, que facía poucos minutos saltara ó cespede, realiza unha fenomenal xogada persoal, esquivando a tódolos adversarios que lle saían ó encontro  e o seu disparo iba atoparse co poste dereito da portería visitante, o rexeite caería nos pés de Martín Fernández e o seu disparo golpeaba nos pés dun defensa contrario cando o gol xa era unha realidade que se convertiu nunha fantasía...


Foron os mellores momentos do Arenteiro que xa tiña ó seu rival contra as cordas e o KO parecía inminente, pero lonxe de acontecer iso, no minuto 35 o Santa Teresita acortaría distancias e de aquí ó final do partido tocou sufrir e ante a incertidume do desenlace e a emoción contida a máis de unha se lle esqueceu realizar a función pola que está "contratada"...verdade Pili?. 

Co pitido final rematou a angustia a un partido no que O Arenteiro foi xusto vencedor; para calmar os nervios e baixar pulsacións a "Hinchada" verde dirixiuse ata a caseta do Bar para tomar unha infusión de tila, pero diuse de bruces coa cruda realidade, aínda non está operativa polo que se optou por inmortalizar o xesto reivindicativo así como anteriormente un pai dun xogador me fixo chegar a queixa do estado lamentable da porta de vestiarios do equipo local que está pendurada por unha soa bisagra cun risco de virse abaixo, coido que o coste da reparación non suporía tanto desfalco ás arcas municipais; e entroncado co anterior, rogo (rogamos pois é o sentir de moitos pais que alí nos atopábamos), que o desbaraxuste que se produxo a raiz da non renovación do Coordinador Raúl, sexa subsanado canto antes; a carga de traballo de Manolo (o traballador municipal) é excesiva, necesitando con urxencia unha persoa que lle bote unha man, e a figura dunha persoa responsable que aglutine a labor diaria da coordinacion dos adestramentos ante calquer tipo de imprevistos ou situación que surxa, seméllase imprescindible na situación actual. 

Raúl en el homenaje a Fusi de hace unos años
Cando surxen estas circunstancias, é cando máis se valora e se bota de menos o traballo, a dedicación, o esforzo, a implicación e a categoría humana dunha persona como Raúl Nogueira, que desempeñou a sua función de maneira intachable e cun sentido de servizo público apabullante. Gracias por todolos éxitos que conseguiches tanto de adestrador como de coordinador en todos istes anos que estiveches na ESCOLA MUNICIPAL, deixas un valeiro difícil de sustituir, de corazón amigo, fuches, eres e serás un GRANDE DA HISTORIA DO FÚTBOL CARBALLINÉS."

1ª Prov. Alevín: Arrabaldo - Arenteiro, 7-2.

2ª Prov. Alevín: Arenteiro "B" - E.D.C. Barbadás "B", 2-6.

2ª Prov. Benjamín Gr.42: Arenteiro - Monforte, 2-3.


2ª Prov. Benjamín Gr.41: Ourense "C" - Arenteiro "B", 6-0. 

2 comentarios:

  1. Gracias o cronista...OS partidos non serian OS mesmos si faltan OS teus comentarios......e o referente a Raul genial creo k somos sabedores d todo o ben k fixo por a e.m.f....a uceira non e a mesma sin el....falta algoooo

    ResponderEliminar
  2. Gracias Raul por tdo o k fixches pola escola

    ResponderEliminar