martes, 6 de enero de 2015

Memorial FUSI

Pedir perdón a los lectores por la falta de información de esta última semana, fue de mucho trabajo y poco tiempo para sentarme a escribir con calma. Hoy hago un esfuerzo por ir dedicada la entrada a lo que va, el recuerdo de una grandísima persona, FUSI

Lamentablemente, al parecer, su memorial no tuvo la repercusión que debiera, ni se anunció, ni publicitó, como era debido, perdiendo la oportunidad de homenajear como creo que se debe hacer a una figura local para el deporte y varias generaciones de jóvenes deportistas criados en la Escuela Municipal de Fútbol.

Por ser en fin de semana, no estoy seguro de a quien correspondería la organización de dicho evento, si al Ayuntamiento o al C.D. Arenteiro...desde el Sporting Carballiño tomamos nota y trataremos de sumarnos en el futuro a cualquier iniciativa o incluso impulsarla desde nuestra parte para tratar de ofrecer el mejor de los recuerdos a una persona que tanto marcó a la mayoría de integrantes de nuestro club.

Agradezco a Tato que me traslade, como siempre, el resumen de lo que dió de sí este descafeinado memorial, y mando un fuerte abrazo a la familia.

Crónica de Tato:


"Celebrouse iste pasado fin de semana o "MEMORIAL FUSI", nas instalacións da Uceira, participando o Barbadás, Arrabaldo, Ourense e o anfitrión ARENTEIRO DE INFANTIS (xogadores do A e do B).

Fusi, segundo por la derecha en la fila inferior
Antes de comentar o estrictamente deportivo, gustaríame facer un breve comentario sobre a idoneidade das datas e algunha outra consideración sobre iste torneo. A priori, podíase pensar que o Nadal era o momento idóneo para celebrar iste MEMORIAL, pero visto a repercusión obtida, máis ben escasa, e unha vez consultada o opinión de páis, adestradores, directivos de equipos de fútbol e afeccionados en xeral, que istes dous días estivemos na Uceira, chegamos á conclusión de que se debía manter a data de setembro para a sua celebración; a expectación sería maior, comezo de tempada; o escenario estaría acorde ó evento, pois celebraríase no campo municipal de Espiñedo, e incluso se podería contar con equipos de maior entidade que nesas datas estarían dispostos a participar do mesmo; todo isto o digo (e o decimos) con afán constructivo, pois a figura de Fusi (e o seu Memorial) merece outra consideración e outro recoñecemento acorde á súa grandeza persoal e deportiva, evidentemente que nistes intres me estou deixando levar polos sentimentos, e o corazón prevalece sobre a cabeza, e ise recordo ó amigo e a aquel maldito día...UN ABRAZO CARLOS, ANA, MARTA, FAUSTO E CONCHA, aquí me teredes sempre.

O Arenteiro enfrentouse ó Barbadas na primeira SEMIFINAL.


Nos dous partidos o Arenteiro saldría co seguinte once:
Óscar baixo paus; Yoel, Martín, Jesús e Raúl na defensa; Álex, Dani e Xosé como mediocampistas; Tato, Adrián e Manu na dianteira. Xogarían nas segundas partes: Javi, Jacobo, Zaide, Luigi, Héctor e alternándose na portería Isra e Mateo.

Moi cedo tería o Arenteiro a primeira ocasión, cando Manu ve o desmarque de Adrián e íste non define ante a portería contraria; a partir dise momento o Barbadás se fai co control de xogo e do partido pero sin inquietar o marco verde, pola contra o Arenteiro abusaba dos balóns en longo renunciando á triangulación, e xa expirando iste primeiro periodo, tivo Manu a gran ocasión de todo o encontro cando, aproveitando un rexeite e de primeira estivo a punto de facer o primeiro para os da casa; o balón saiu lambendo o poste esquerdo cando no graderío xa se cantaba gol, era o minuto 30 e a renglón seguido o trencilla decretaba o final. (Os tempos duraron 30 minutos).

No segundo tempo a tónica foi moi parecida á do primer periodo, cun Barbadás que intentaba o control do esférico e un Arenteiro férreo en defensa e intentando aproveitar as súas ocasións, como a que tivo Javi, tras un fantástico pase en profundidade de Dani, que desbaratou o porteiro visitante, aconteceu no minuto 25; e así remataría o partido, sin goles e abocados á tanda de penaltys, na que o Arenteiro tería maior fortuna e Xosé anotaría o definitivo despois dunha emocionante e taquicárdica serie.




A FINAL enfrentounos ó Ourense CF., que lle gañou na outra semifinal ó Arrabaldo.

O primeiro tempo foi un monólogo do tándem Josiño/Pana, cun Arenteiro que controlou iste periodo ó seu antollo, cunha defensa adiantada e presionando ó rival en tódalas súas liñas, pero ca mala fortuna e pouca precisión cara a porta contraria dos dianteiros verdes, unha auténtica mágoa non haber conquerido algún gol que por ocasións e xogo merecimos.

No segundo tempo, o Ourense, cun equipo totalmente renovado, embotella ó Arenteiro no seu campo, e froito dise dominio no minuto 6 marcaría o primeiro, anteriormente xa avisaron das súas intencións cun tiro ó longueiro. 

Atopábase o Arenteiro medio "grogui", a duras penas frenando as envestidas brancas, cunhos Jesús e Martín que se tiñan que multiplicar en tarefas defensivas e desexando que se puidera pedir "tempo morto" para intentar recompoñer as pezas e contrarrestar o xogo brillante do rival, e nunha destas Adrián faise co esférico, encara ó seu rival, ó que supera por velocidade e a iste non lle quedou máis remedio que facerlle penalty. Lanzaríao o propio Adrián e empataba o encontro, era o minuto 17.

O Ourense amainou no seu ímpetu, e o Arenteiro colleu aire e foise asentado pouco a pouco no rectángulo de xogo, as forzas equilibráronse e todo parecía indicar que chegaríamos á tanda de penaltys, pero nun despiste defensivo o Ourense iba anotar o segundo no minuto 30, provocando a desilusión nos animosos siareiros verdes, que pese a todo seguiron cos seus folgos arroupando ó seu equipo.

Martín adianta a súa posicion ó mediocampo e das súas botas sairían as mellores ocasións do Arenteiro, o garabanés "fajouse" na batalla, botándose o equipo ás costas e deixando ata a derradeira gota de suor no sintético da Uceira...pero non foi suficiente e o Ourense proclamaríase campeón do Torneo.


Un tempo para cada equipo, pesándolle ó Arenteiro o non haber materializado algunha das ocasións cas que gozou no primeiro periodo no que foi acreedor dunha maior fortuna.

Desexar a tódolos/as veciños/as para iste ano moito traballo, saude e felicidade, á parroquia verde éxitos deportivos, e que os nosos rapaces sigan disfrutando en armonía disto do fútbol, e o futuro lles depare un mundo máis xusto, igualitario e solidario."

Agradecer de nuevo las crónicas a Tato y esperar que en este 2015 continúen para que este blog sea el mejor altavoz de nuestro fútbol base y por extensión del fútbol local.

A mayores, el Arenteiro comenzó el 2015 cayendo por la mínima como local ante el Estradense en un partido en el que el equipo vivió de nuevo el perder los tres puntos casi al finalizar el partido...


Crónica de la COPEVer aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario