Visitas

lunes, 17 de marzo de 2014

Resultados del fin de semana...

1ª Autonómica: Arenteiro - Velle, 2-1. Crónica de la COPEPINCHA AQUÍ. Trabajada victoria ante un correoso Velle que hasta el final peló por el empate.



3ª Autonómica: Os Chaos - Sporting Carballiño Jorigames, 0-9.

Liga Gallega Juvenil: Arenteiro - Villalonga, 3-0. 






Copa Cadete: Ribeiro - Arenteiro, 0-1.

Liga Gallega Infantil PlayOff Descenso: Cristo de la Victoria - Arenteiro, 7-1.

Copa Infantil: Rúa - Arenteiro "B", 10-0.

1ª Prov. Alevín: Arenteiro - Barbadás, 0-3. La Crónica de Tato: "Pensei seriamente en non facer a crónica diste partido, simplemente por pereza, por non repetirme, porque podía cortar e pega-la crónica da semana pasada, cambiando de escenario, e saldría máis ou menos o mesmo.




Mañá primaveral, visitábanos un rival de entidade, o segundo clasificado (a semana pasada visitamos nós ó terceiro), o frío cemento do graderío, o xogo ramplón e cativeiro do equipo…menos mal que tiven a oportunidade de charlar animadamente con algunhas nais-membras da comparsa “Os Azucarados” de Maside sobre o Entroido e toda esa “estéril” e absurda (para o meu gusto) polémica que se montou, e teño que decir que me demostraron “grandeza” e cordura nos seus plantexamentos…e para o ano repetirán para disfrute de tódolos veciños do Carballiño e comarca.


O Arenteiro sae de inicio con:
“Iker Casillas” Isra; “Comilón” Martín Fernández, “Ramos” Martín e Yoel como defensas; no medio campo, “R7” Raúl, “Iniesta” Álex e Tato; e de ariete, “Cristiano” Manu.
Tamén xogarían ó longo do encontró: David, Karla, Héctor e Xosé.
Saída en tromba do equipo azulón, que nos embotellou na nosa área, coa intención de sentenciar o encontro pola vía rápida. O Arenteiro defendíase como gato panza arriba,  intentando pouco a pouco desperezarse  do agobio visitante,  adiantando as líñas para combinar un pouco máis o esférico, pero non se lograba ise obxetivo; dar dous pases seguidos co balón era misión imposible, e por riba un roubo de balón do Barbadás, propiciaba unha rápida e brilante triangulación que se convertiría no 0 a 1 para o equipo visitante, era o minuto 12.    
O Bardadás tiña un bo trato co balón, con xogadores habilidosos e técnicamente ben dotados, con escasez de corpulencia e estatura, pero que impoñían un forte ritmo ó partido, pola contra, o Arenteiro, igual que na xornada anterior, tiña o encefalograma plano, sin ideas e  sin fútbol que mostrar ó respetable;  o único positivo era o resultado, que podendo ser máis amplo, nos mantiña cun fío de esperanza cara ó segundo tempo, pero todo se veu ó traste, cando no último minuto (outro paralelismo ca xornada anterior), se formou un pasillo polo centro da defensa, prantándose o dianteiro visitante ante Isra ó que cola o balón entre as pernas, 0-2.

No segundo tempo, máis do mesmo, o Arenteiro non saía do seu letargo futbolístico e o Bardadás intentando incrementa-la súa renda. No minuto 9, un exquisito control na área dun balón bombeado, cunha extraordinaria definición ante “Casillas” Óscar, que firmaría Messi ou Ronaldo, iba supoñe-lo terceiro e definitivo do Barbadás.


O Arenteiro incapaz de crear perigo ante a porta contraria, afanouse en, polo menos, manter a súa impoluta ata o remate do partido.
O choque iba  esmorecendo, ante o evidente  abatimento e conformismo do plantel verde, a excepción dun Raúl, que polo menos intentou dar criterio e sentido ó xogo carballinés, das súas botas saíron os poucos destellos de brilo e lucidez dos de Castor, pero foi insuficiente ante a entidade do rival.


Partido para esquezer e xa pensar no vindeiro ante o último clasificado que tamén será o derradeiro partido desta liga que tivo máis sombras que claros.   
 
La fiel hinchada

Hoxe simplemente quero dar o meu apoio e solidariedade a toda esta xente que o vindeiro sábado 22 de Marzo ten previsto chegar a Madrid nas chamadas MARCHAS DA DIGNIDADE, co seu slogan:  “Pan, traballo e teito para todos e todas".  


Outros máis cómodos, e todo hai que decilo, “máis cobardes e complacentes”, sentarémonos confortablemente ante a televexo para contemplar outro “partido do século” entre merengues e azulgranas o domingo 23.


AL PUEBLO, PAN Y CIRCO...

(Ah, e que gañe o Madrí!!!)"


Copa Alevín: Monforte "B" - Arenteiro "B": (Sin información).

2ª Prov. Benjamín: Calasancio "B" - Arenteiro, 15-1.

No hay comentarios:

Publicar un comentario