Visitas

lunes, 20 de enero de 2014

Resultados del fin de semana...

1ª Autonómica: Arenteiro - Ramiranes, 0-0. Crónica de la COPEPINCHA AQUÍ.

3ª Autonómica: Sporting Carballiño Jorigames - Palmés, 3-2. Nueva victoria del Sporting que encadena la cuarta consecutiva, situándose a 5 puntos del tercer clasificado Caldelao. Los goles fueron anotados por Mili, Lea y Chivas. Acta: PINCHA AQUÍ.

Liga Gallega Juvenil: Alertanavia - Arenteiro, 1-2. Victoria del conjunto de Mindo con goles de Óliver y Tomás. Acta: PINCHA AQUÍ. Los juveniles son 8º con 25 puntos.

Copa Juvenil: Arenteiro "B" - Ribeiro, 1-2.

Copa Cadete: Cidade de Ourense - Arenteiro, 3-6.

Liga Gallega Infantil: Arenteiro - Santa Mariña, 0-7.

Copa Infantil: Barbadás "C" - Arenteiro "B", 0-3.

1ª Prov. Alevín: Calasancio - Arenteiro, 1-1. Crónica de Tato: Dirixímosnos ás terras de Monforte onde tocou o gordo da lotería de “El Niño”, coa esperanza de arañar algún pellizco e traernos algún premio para O Carballiño, como así aconteceu a medias, pero polo menos non voltamos de valeiro.

O Arenteiro sae co seguinte equipo:
Casillas” Óscar na portería; unha liña defensiva composta por: “Tarzán” Anxo, “Ramos” Martín e “Comilón” Martín Fdez.; no centro do campo: “R7” Raúl, “Iniesta” Álex e “Torres” Dani e na punta do ataque, Tato. Tamén xogarían ó longo do partido, Xosé, Yoel, Héctor, Karla e David.

Un Arenteiro que comeza o encontro ben asentado no campo, concentrado, cas liñas xuntas e presionando ó rival na saída do balón, froito desta presión prodúcese un córner a favor do equipo verde, que suporía o primeiro (e único) gol a favor destes, cando “Ramos” Martín remata o centro servido por Raúl ó fondo das maias. Era o minuto 3. 

Durante os primeiros dez minutos, o Arenteiro foi o amo e señor do partido, con algunha chegada de perigo á área rival, e sobor de todo, desbaratando calquer intento do Calasancio de aproximarse á portería defendida por Óscar, que nembargantes nada puido facer no minuto 11 cando o equipo monfortino ía empata-lo encontro cun formidable disparo dende fóra da área, que se colaba irremediablemente pola escadra da meta verde, ¡un auténtico golazo!, imparable para o meta carballinés.

A partires dise intre, o encontro tornouse máis igualado, sendo o Arenteiro, quizáis, o que máis arriscaba, polo menos dando máis sensación de perigo sobre a porta contraria, e pola contra o Calasancio, a excepción do gol, non volvería ter ningunha outra ocasión sobre a meta de Óscar.

O segundo tempo comeza co mesmo guión da primeira parte, co troco na porta do Arenteiro, que sería defendida niste periodo por “Iker Casillas” Isra,.
O Arenteiro dispuxo no minuto 8 da mellor ocasión de todo o partido, cando o balón “paseouse” mansamente pola área pequena da meta defendida pola “cancerbeira” Sandra (moi boa porteira, do mellorciño da categoría), “y yo por ti y tú por mí”, os atacantes verdes non foron capaces de materializar esta inmellorable ocasión, onde o difícil era fallala, ante a desesperación e incredulidade da parroquia verde que se desplazou os Escolapios. 

No minuto 15 o Calasancio tivo a oportunidade de poñerse por diante no marcador, cando o árbitro decreta penalty ó seu favor, Isra, despexa ca súa mirada o balón que sae a rente do poste esquerdo da portería verde, compensando a fortuna, desta forma, o clamoroso fallo anterior dos verdes.
No minuto 18 o Arenteiro tivo a derradeira ocasión para virse cos tres puntos na buchaca, pero a Xosé faltoulle fuelle para definir ante a portería rival despois dun rápido contragolpe, e de aquí ó remate do encontro os dous equipos tomaron as precaucións necesarias para non encaixar ningún gol, dando por bo o empate colleitado.

Un partido onde as defensas se impuxeron ós ataques, raiando a un altísimo nivel a do Arenteiro, cuns enormes Anxo e a doble "M" Masidá (Martín Vázquez e Martín Fernández), xunto coa sobriedade e seguridade dos dous gardamaias, que sin pasar moitos agobios sí transmitiron confianza ós seus compañeiros. En fin, un empate sufrido e disputado pero moi merecido, que si fora boxeo, o Arenteiro gañaría por puntos iste “combate”.


Como anécdota do partido, quédome coa sinalización por parte do árbrito dunha tarxeta amarela a un xogador do Calasancio por protestar, (e mira que é dificil que che mostren unha cartulina nestas categorías inferiores), pero o rapaz foi unha auténtica matraca todo o encontro, o colexiado debeu quedar dil ata os “cataplines”, e non lle quedou máis remedio que ensinarlla.
Na semana do “Balón de Ouro”, moi merecido para Cristiano Ronaldo, onde o astro portugués demostrou ter corazón e sentimentos, moi ó contrario que o Alcalde de Burgos que quixo antepoñer o interés urbanístico fronte ó veciñal no barrio de Gamonal, NUN BULEVAR QUE ÍA COSTAR OITO MILLÓNS DE EUROS, MENTRAS A GARDERÍA AMENAZABA PECHE POR FALTA DE 13.000 EUROS, E QUE NON LLE QUEDOU MÁIS REMEDIO QUE PARALIZALO DEFINITIVAMENTE ANTE A PRESIÓN DO POBO, UNHA MOSTRA MÁIS, DE TANTAS, NAS QUE OBSERVAMOS COMO O INTERÉS DUNS POUCOS QUERE PREVALECER SOBRE O BEN COMÚN, E ISO XAMÁIS O DEBERÍAMOS CONSENTIR


2ª Prov. Alevín: Ourense "C" - Arenteiro "B", 6-4.

2ª Prov. Benjamín: Arenteiro - Ponte "B", 1-13.


2 comentarios:

  1. AUPA SPORTING!!!!, ISTE ANO O ASCENSO

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tentar, tentarase, pero está complicado...o importante e crear un bloque de anos...

      Eliminar