Visitas

jueves, 2 de enero de 2014

II Torneo Fútbol 8 de Bande (Crónica de Tato)

Hoxe pola mañá falaba cun “reputado” político carballinés, e saiu a relucir o tema das infraestructuras municipais, e comenteille a paradoxa de que nun concello como o de Bande teñan un campo de herba artificial, co conseguinte coste de instalación e mantemento que require, carecendo de Fútbol Base, mentras que en Carballiño, teñamos un anexo ó Campo da Uceira, de terra e totalmente inutilizado, tendo 2 equipos en 3ª Autonómica, o Arenteiro (que para o ano estará en Preferente) e varios de veteranos, pero sobor de todo pola cantidade de rapaces que temos na Escola Municipal, o que supón unha saturación do actual e facéndose imprescindible contar cun novo terreo de xogo na Uceira; despois entéraste que en Bande teñen unha deputada no Congreso en Madrid..., en fin, a distribución dos recursos públicos e os políticos, un tema que daría moito “xogo” e análise, niste o noso “Decrépito País Galego”.

PRIMEIRO PARTIDO: ARENTEIRO 3- ARRABALDO “B” 1. 

Comezamos, enfrentándonos ós veciños de Santa Cruz, e ós do Torrón, porque nas filas do mesmo, xogaban dous fillos de Alfonso Prado (Director Técnico do Fútbol Base do Arrabaldo), Marcos e Héctor, tan diferentes un do outro, comentáballe no transcurso do partido a Alfonso, que o fillo maior saiu ós do Torrón pola súa corpulencia...” e o pequeno "á sua nai“ (replicoume Alfonso). Castor alineou de principio en todo o torneo ó seguinte equipo, trocando únicamente a portería, e a posición dalgún xogador durante os partidos según as circunstancias e o rival.
Porteiro: “Casillas” Óscar; Defensa: “Comilón” Martín Fdez., “Ramos” Martín e Yoel. Mediocampo: “Tarzán” Anxo, “Iniesta” Álex e “R7” Raúl. Ataque: “Torres” Dani. Tamén xogarían ó longo do Torneo: David, Tato, Héctor e Karla.

Os partidos da primeira fase duraron 25 minutos corridos sin descanso. No minuto 1, Raúl adiantaría ós verdes, aproveitando un mal despexe da defensa azulona, 1-0. No minuto 8, sería Dani, dende fóra da área, e cun disparo certeiro o que poría o 2-0. No minuto 20, sensacional xogada de “Ramos” Martín, que se vai de tódo-los rivais que lle saen ó paso, con potencia e calidade, prántase diante do porteiro, e obriga a íste a realizar unha fenomenal intervención enviando o balón a córner.
No minuto 23, gol olímpico de Raúl, saca de esquina e o balón introdúcese pola escadra visitante; a continuación o Arrabaldo realiza o saque dende o centro do campo e Marcos (o fillo “grande” de Alfonso Prado), sorprende a Óscar cun fenomenal trallazo que se coa na portería diste.
Remataría o partido con un 3-1 a favor do Arenteiro, que sin realizar un gran xogo, solventou con certa facilidade iste primeiro partido, ante un rival que apenas inquietou a meta de Óscar.

SEGUNDO PARTIDO: ARENTEIRO 2- PONTE "B" 1

A portería defendida por “Iker Casillas” Isra. Saque de centro de “Ramos” Martín, coa súa potencia habitual, e case se converte no primeiro do partido, enviando o balón a córner o porteiro da Ponte; Raúl fai o saque de esquina e Anxo, aproveita un rexeite da zaga pontina para poñer por diante ó Arenteiro, e a partir diste momento, comeza un carrusel de xogo e ocasións por parte do equipo verde, cun fútbol fluído e brilante, atacando incesantemente a portería contraria, minuto 2, tiro de Raúl, minuto 3, tiro de Martín ó poste, minuto 6, chega o gol do empate da Ponte, froito dun barullo na área verde, a defensa non logra despexar e o balón queda franco para que marque o equipo contrario, o Arenteiro lonxe de amilanarse, continuou no seu afán de búsqueda constante da meta pontina e así no minuto 9, Dani, faría lucirse ó meta contrario cun sensacional disparo; dous minutos máis tarde sería Álex, o que pon en apuros ó gardamais blanquinegro, evitando o longueiro o gol.
Castor realiza un cambio táctico, “Ramos” Martín pasaría ó mediocampo e Anxo ó centro da defensa, o propio Martín, no minuto 14, dispara a porta, e o balón golpea en ámbolos dous postes, coa sensación de que o mesmo entrara na porta, a hinchada verde reclamou o gol, pero o árbitro non o concedeu, ó remate do partido puidemos corroborar que o balón non chegou a traspasar a linea de gol, gracias a información facilitada pola reporteira gráfica que se atopaba “no lugar do crime” nise intre.
O Arenteiro despois da polémica polo gol fantasma, saca de esquina, e en xogada ensaiada, Tato, anota o segundo para os verdes, que facía xustiza no marcador por ocasións e xogo desplegado ata o momento. O Arenteiro non conforme con iste resultado, insiste na súa intención de perforar a meta contraria e case o consigue no minuto 17 cando Raúl a pase de Dani, ve cómo o seu diparo é repelido polo poste; e na derradeira xogada do partido Martín tivo na súa cabeza o terceiro dos verdes, lambendo o seu cabezazo o longueiro visitante.
Gran Arenteiro, con un imperial “Ramos” Martín como director de orquesta, acompañado en todo momento por unhos integrantes da mesma que nos deleitaron con música “celestial”.


TERCEIRO PARTIDO: ARENTEIRO 0- PABELLÓN "B" 2
Valíanos o empate para quedar primeiro de grupo e así xogar as semifinais co segundo do grupo B, pero mellor sair a gañar e disipar dúbidas e así moi cedo, no minuto 1, xogada de tiraliñas ó primer toque do equipo verde que comeza na súa área “Ramos” Martín, o balón circula sin que ningún xogador pabellonista logre interceptalo, e iste chega ós pes de Raúl que conecta un disparo que repele o poste esquerdo da meta contraria, merecendo a xogada por estética e plástica subir o tanto ó marcador, puido definir esta circunstancia o transcurrir dos futuros acontecementos, como así sucedeu...

O partido resultaba igualado, sendo conscientes os contricantes do importante diste resultado, as ocasións escasas, agás a comentada anteriormente, palpábase a tensión no ambente, “podíase cortar cun coitelo”, Castor movía os seus peóns no taboleiro, salvagardando a integridade do “rei” Casillas Óscar, pero o “jaque” prodúxose, cando en posible posición anti-reglamentaria, collen a espalda á defensa verde polo seu lado dereito e o seu disparo introdúcese irremediablemente na portería defendida por Óscar.
Mazazo para o Arenteiro que o deixou tambaleando, sendo a estocada definitiva, o “xaque mate”, na última xogada do partido, cando con habilidade o capitán pabellonista, desfaise do seu par, e o seu balón centrado á area é rematado ó fondo das maias por un compañeiro.
Demasiado castigo para as “huestes” de Castor, o empate houbera sido o resultado máis xusto, aínda que, tamén hai que decilo, o Pabellón aproveitou as súas ocasións, cousa que os verdes non materializaron as súas, e o fútbol, en definitiva consiste en, para gañar, marcar un gol máis que o contrario.
Fin da primeira fase, á espera para enfrentarnos xa pola tarde, en semifinais, ó peor rival posible, O Ponte "A", que á postre sería o campeón do torneo, e entrementras, a degustar o menú do día nun restaurante cercano, de primeiro a elexir entre Callos ou Caldo, e de segundo, non había elección, Bistec con patacas, e de postre iogur ou tarta xeada (con guisqui, para quen o quixera), viño “peleón da casa”, auga ou refrescos, e todo ó modico prezo de 10 euros, é o que había...


SEMIFINAIS
Na primeira semifinal, o Pabellón "B", desfacíase sen atrancos do Santa Teresita, e agardaba polo seu rival na final, entre o Arenteiro "A" – Ponte "A"

ARENTEIRO 1- PONTE A 6
O partido, a diferenza da primeira fase, seria de dúas partes de 20 minutos
“Iker Casillas” Isra, defendería a meta verde niste partido.
Castor, antes do partido arengou ós seus pupilos, deixándolles claro que a “gloria” xa a tiñan gañada, pero a “eternidade” conseguiríase chegando á final...
O Arenteiro saiu sin complexos, afrontando o partido de “tú a tú”, sendo conscientes da entidade do rival pero crendo nas súas propias posibilidades.
Os primeiros 5 minutos do encontro foron de claro cor verde, ben asentados e sen fisuras, ata que unha falta lateral a prol da Ponte, supón o primeiro gol distes, dun sensacional disparo que “limpou as telarañas do vértice esquerdo” da meta verde. 0-1
O Arenteiro, lonxe de descompoñerse, mantivo a liña de xogo de todo o torneo, raseando o balón, liñas xuntas e utilizando as súas “armas”, unha delas, como non podía ser doutra maneira, os lanzamentos a balón parado de “Ramos” Martín. Minuto 15, falta unhos metros fóra da área grande, e Martín de soberbio disparo, aunando potencia e colocación fai o empate ante as mostras de xúbilo da parroquia verde. 1-1.
Agardábamos o descanso diste primer tempo, cando nun balón aparentemente sin perigo, unha falta de entendemento entre Isra e a súa defensa, propicia que o dianteiro Pontino estea máis listo e marque o segundo para o seu equipo, ante a desolación da afición e equipo verde, case a renglón seguido, o árbitro decretaba o remate diste periodo con 1-2 a favor da Ponte "A".
Comeza o segundo tempo cun guión moi similar ó do primeiro, un Arenteiro firme atrás, con anticipación e agardando o momento idóneo para empatar o encontro, pero todo se veu abaixo coma unha baralla de naipes, cando no minuto 5 o árbitro sanciona cun penalty unha man “involuntaria” dentro da área verde, sería o 1-3 para os pontinos, e unha carga demasiado pesada para os carballineses, que se lles fixo moi costa arriba o partido e a partir dise intre se viron desbordados por unha Ponte que foi superior ó equipo verde en tóda-las súas liñas, impoñendo un forte ritmo ó encontro, demostrando un estado físico envidiable non exento de calidade en varios dos seus compoñentes.
Minuto 10, rápida xogada de contragolpe, 1-4
Minuto 12, saque de esquina, barullo na área, 1-5
Minuto 14, por velocidade e toque, gañan a espalda á defensa verde, 1-6

PARTIDO 3º E 4º PUESTO
Artenteiro 6 – Santa Teresita 0
Despois do xarro de auga fría que supuxo a semifinal, sobor de todo polo bo sabor de boca que deixamos en todo o torneo a excepción dos últimos 14 minutos da segunda parte da semifinal ante a Ponte, o equipo conxurouse para traer para o Carballiño o trofeo de terceiro clasificado e darlle unha alegría a súa sufrida, (polo frío que tivemos que soportar en Bande), pero fiel Afición.
Moi cedo comezaría o “festival” “Ramos” Martín y sus mariachis, no minuto 1 trallazo facendo o primeiro.
No minuto 3, novamente Martín, en xogada persoal e coa súa perna esquerda. 0-2
Minuto 6, Gran xogada de Anxo, que cede a Martín e iste fai lucirse ó gardameta contrario que envía o balón a córner, quítase o mesmo e Álex fai o 3º aproveitando a endeble defensa Santateresiana.
Minuto 8, Dani ó poste
Minuto 9, Alex ó poste
Minuto 10, Golazo de Raúl, 4-0
E así remataría esta primeira parte, un auténtico tiovivo de xogo e goles por parte dos de Castor, ante un rival desbordado polo aluvión de ocasións que se lle caían enriba, o “tsunami verde”, sería un título axeitado para definir este primer periodo.
Na segunda parte, o equipo baixou un chisco o pistón a partir dos dous seguintes goles a cargo de “Ramos” Martín, un no minuto 5, entrando dende atrás e rompendo o fóra de xogo, e outro no minuto 6 despois de varios rexeites a sendos tiros de David e Héctor, era Martín o que poría o marcador no definitivo 6 a 0, deixando moi ás claras a superioridade verde neste encontro, ante un rival que se fixo acreedor ó seu nome SANTAteresita, iso sí, un partido que foi todo deportividade, sen apenas interrupcións por faltas o que lle deu máis dinamismo ó mesmo, Noraboa ó Santa Teresita polo seu cuarto e merecido posto.
Seguía dándolle eu á cabeza sobre o empate contra o Pabellón, o que nos houbera suposto xogar a final, e veume á mente unha frase que me dixo un pai a tempada pasada nun partido no que tiveramos un montón de oportunidades e que ó final perderamos pola mínima:
Si miña abuela tivera rodas, non sería miña abuela, sería unha bicicleta

A continuación xogaríase a final entre a Ponte A e o Pabellón B, gañando o primeiro, impoñendo a sua condición fisica sobre o segundo, ó ser istes rapaces de primeiro ano de Alevín; ó meu entender o Pabellón B, foi o equipo que mellor xogo desplegou en todo o Torneo, con rapaces cunha calidade técnica exquisita ó servizo do grupo, “daba gusto velos xogar” e a Ponte un xusto gañador, un peldaño por abaixo en xogo e en calidade con respeito ó Pabellón, pero superior a iste en intensidade, condición física e corpulencia, contando tamén nas súas filas con rapaces que lle dan bo trato ó balon, entre eles o Masidao-Carballinés Fabio Bardelás, e sendo un equipo traballado tácticamente, no que se ve a man dun adestrador. Noraboa e parabéns á Ponte Ourense A.

Voltamos para a casa ben entrada a noite, despois dunha xornada maratoniana que nos obrigou a un madrugón (que nos fastidiou bastante nestas datas nas que nos atopamos), pero valeu a pena o esforzo; só por ver a cara de satisfación de Castor e os seus rapaces xa compensa o frío aturado e os callos con picante que comimos.
Un Arenteiro que deixou o pabellón ben alto, tamén hai que decir que xogamos contra equipos dun nivel parello ou inferior ó noso (na liga contra equipos similares perdimos, polo tanto nise aspecto evolucionamos), dimos a cara en todo momento incluso nos enfrentamentos ante os dous finalistas, deixando moi boas sensacións, máis compenetrados, máis atentos, cun fútbol preciosista e de toque en ocasións, emerxendo a figura dun grandioso “Ramos” Martín, secundado en todo momento polos seus compañeiros, porque o fútbol, no nos esquezamos, é un deporte colectivo, no que todos son moi necesarios, dende o primeiro ata o último xogador da plantilla.
“Fixéstesnos mois felices rapaces, un bonito agasallo de Nadal o que nos brindastes”

Vindo pola nova autovía de Celanova, topeime con tramos de baixa visibilidade lumínica, e o embalse de Lobios está moi preto desta zona, ¡sendo a nosa Galiza unha terra excedentaria de enerxia!, “Un” ten a sensación de que as Eléctricas nos toman o pelo ou nos queren facer tontos co manido “déficit tarifario”, e máis vendo como as cinco principais compañías eléctricas españolas teñen uns beneficios que superan os 7.638 millóns de euros nos tres primeiros trimestres do ano 2013. ¡¡¡Señores do Goberno, fagan algo ante esta estafa que sufrimos os cidadáns!!!, ah, claro, pero cando deixemos a poltrona xa nos terán un sitio reservado nun cómodo sillón do Consello de Administración de Endesa ou de Gas Natural Fenosa...


2 comentarios:

  1. Ise Arenteiro!!!, felicidades rapaces por ise tercer posto

    ResponderEliminar
  2. Coma sempre unha gran cronica, Tato.
    E verdade que voltamos para O Carballiño "contentos coma cucos"....pais, rapaces e Castor....sobre todo os rapaces que xa lles tocaba.
    Pasamos un gran día, largo, e verdade por ese madrugon...pero sarna con gusto non pica.

    Arenteiro......bien, bien , bien

    Animo rapaces.....

    ResponderEliminar