Visitas

lunes, 23 de diciembre de 2013

Resultados del fin de semana...

1ª Autonómica: Allariz - Arenteiro, 1-2. El Arenteiro es más líder tras esta última jornada de la primera vuelta en la que le saca 5 puntos al Verín, segundo clasificado. Crónica de la COPEPINCHA AQUÍ.


Liga Gallega Juvenil: Arenteiro - AJ Lérez, 2-0. Los de Mindo consiguieron una importante victoria que los sitúa en mitad de una apretada tabla, son 10º con 19 puntos.

Liga Gallega Infantil: CD Areosa - Arenteiro, 17-0. El infatil cayó de nuevo estrepitósamente. Los resultados no acompañan y los niños son los que peor lo están pasando. La situación del equipo es preocupante y no se hace nada para remediar una situación en la que los más perjudicados son los chavales que frustan sus sueños de jugar al fútbol y pasarlo bien con los compañeros cada sábado...y no pueden competir al ir justos a los partidos por diferentes motivos. Trataremos el tema a lo largo de las Navidades...

1ª Prov. Alevín: Verín - Arenteiro, 4-0. Crónica de Tato: "Desprazámosnos a orillas do río Támega, para enfrentarnos a un dos "cocos" da categoría, O Verín CF, por diversas circunstancias afrontouse o encontro con soamente once efectivos, once "guerrilleiros", que deixaron o pabellón ben alto.

O Arenterio sae de inicio con: "Casillas" Óscar na portería, unha liña defensiva composta por: "Comilón" Martín Fdez., "Ramos" Martín e Yoel; No mediocampo : "R7" Raúl, Álex e Karla e na punta do ataque: Tato.
Tamén xogarían ó longo do encontro: David e Héctor.
Antes de cumprirse o minuto 1 de xogo, xa tiñamos "un" no lombo, despiste defensivo que é aproveitado polo Verín para adiantarse no marcardor, xa aconteceu algo moi similar contra o Bardadás e nalgún outro partido que non me ven á memoria, parecemos masoquistas, necesitamos que o rival se andiante no marcador para comezar a espabilar e darlle á tecla "ON".
E así foi, o equipo, lonxe de amilanarse, "tocou arrebato",  e comprobamos un despliegue de xogo e intensidade ó que xa nos ten acostumado nos últimos encontros, un Verín metido atrás, que deixaba a iniciativa ó Arenteiro sentíndose iste cómodo co balón nos pés,  e aceptando o envite do equipo contrario, a suposta diferenza entre os dous equipos, viña reflectida na tabla clasificatoria, pero non, no que estabamos observando no rectángulo de xogo, un partido de toma e daca, cun arenteiro superior ó que só lle faltaba a guinda do gol, circunstancia ésta que iba suceder pero a prol do Verín na última xogada diste primeiro tempo, cando o seu dianteiro con habilidade e un chisco de fortuna faría o segundo, e xa sin tempo para máis, a renglón seguido o trencilla decretaba o remate diste periodo. Un Arenteiro que por xogo e actitude mereceu máis, moito máis, pero..."fútbol es fútbol", como dixo Vujadin Boskov.
No segundo tempo, troco habitual na porta "Iker Casillas" Isra  pasaría a defender o marco verde.
Executa "Ramos" Martín o saque dende o centro do campo e case se converte en gol, obrigando ó gardamaias visitante a realizar unha meritoria intervención mandando o balón a córner, efectúa Raúl o saque dende a esquina en xogada ensaiada, e novamente "Ramos" Martín obriga a lucirse ó meta contrario, asediaba o Arenteiro a meta visitante cando nun rápido contragolpe o Verín, no minuto 4, e precedido dun clamoroso fora de xogo, fai o terceiro, que non debeu subir ó electronico, por situación anti-reglamentaria, recoñecido incluso polo adestrador local, enervando os ánimos da fiel aficion carballinesa, que lonxe de virse abaixo seguiu alentado ó seu equipo, que a punto estivo de inagurar o seu casilleiro cunha volea de  Raúl no minuto 6.
No minuto 13 o Verín faría o definitivo 4-0, nunha fermosa triangulación do equipo vermello, que definía cun disparo inalcanzable para Isra; O Arenteiro porfiaba no seu empeño de perforar a meta contraria e no minuto 18, estivo a punto de facelo  David ca súa perna dereita, pero o seu disparo era repelido mansamente en primeria instancia polo porteiro e despois polo pau dereito da porta verinense, adolecendo o mesmo da potencia necesaria, tendo a sua explicación: comentou o seu pai que non quixera comer ó mediodía, "¡¡¡David, como fas iso?, que os do Irixo sodes de bo dente". E xa, sen nada máis salientable que comentar, esmorecía o encontro, cun Verín que daba por bo o resultado e cun Arenteiro que fixo un dignísimo papel, con tódolos seus homes (e muller) entregados á causa, por momentos cun fútbol vistoso e de toque, non exento de loita e cun espíritu aguerrido, tendo a súa máxima expresión en "comilón" Martín Fdez. que fixo un extraordinario partido, inexpugnable pola súa banda e sumandose ó ataque cando a situación o requería, partidón do "comilón".

Laiábase ó remate do encontro "Castor" da falta de gol, como única eiva do equipo, que puido solucionar dando entrada no mesmo a "Álex" o irmán pequeno de David, que estaba pedindo a gritos a sua incorporación o terreo de xogo, foi unha das anécdotas do día, así como tamén o chocolate e as chuches coas que foron obsequiados os xogadores verdes ó final do partido por parte da nai de Héctor, todo un detallazo pola súa parte!!!, "Oes Carolina, que os pais e nais tamén derrochamos enerxía, para o seguinte partido non te esquezas de nós".
Nesta época de recortes de dereitos, de servizos e de liberdades, o meu desexo é que sigades mantendo o sentido do humor e as gañas de rir, aínda que vendo o anteproxecto da Lei do Aborto do Gallardón o que me entran son gañas de vomitar..., pero por riba dil.


2ª Prov. Alevín: Arenteiro "B" - Matistas Ourense, 0-10.

2 comentarios:

  1. Totalmente de acuerdo, el Arenteiro, merecía otro marcador, por juego, ganas, garra, lucha y....afición. No importa, siguen siendo los "mejores"...por algo son los nuestros....
    Animo rapaces....podedes....

    #################### FELIZ NAVIDAD ####################

    ResponderEliminar
  2. hicieron un gran partido, enhorabuena por el "comilon"

    ResponderEliminar