Visitas

sábado, 2 de noviembre de 2013

Crónica del Alevín "A" (facilitada por Tato)

ARENTEIRO ALEVÍN "A" 0 - CELANOVA 6

31 de Outubro do 2013, Noite de Samaín, misterio, escalofrío, pánico, terror, medo..., todo isto lle aconteceu ó equipo verde na Uceira ante ata o de hoxe derradeiro clasificado do grupo, o CELANOVAPrometíamolas moi felices antes do comezo do partido, coa esperanza de rachar cos resultados negativos das últimas xornadas, pero nada máis lonxe da realidade...volvimos ás andadas.


O Arenteiro sae de inicio con:
“Casillas” Óscar na porta, trío defensivo: “Tarzán” Anxo, “Ramos” Martín, e Martín Fdez.
Trío de mediocampistas: “Torres” Dani, Alex, e “R7” Raúl (hoxe lucía o número 8 á espalda) e na punta do ataque Yoel. Ó longo do encontro xogarían tamén: Karla, David, Brandon, Héctor e Álvaro.

Tanteo inicial entre ámbolos dous equipos ata que no minuto 14, nunha falta ensaiada polo Celanova convirten o primeiro no marcador.
Saca o Arenteiro de centro, e rouba moi fácil o equipo contrario que ante a pasividade verde prántanse na área e estrelan o balón no longueiro, deixando en evidencia as lagoas defensivas do cadro verde, Castor comeza a realizar un carrusel de cambios de posición entre os seus homes, non logrando dar coa tecla axeitada para que o seu equipo funcione. No minuto 23, volve marcar o Celanova, despois dun tumulto na área, aproveitan para poñer o 0-2. E así remataría o primeiro periodo; O Celanova tivo tres ocasións claras e marcou dous goles, O Arenteiro non tivo ningunha, polo tanto o seu casilleiro non se alterou.


Comeza a segunda parte cun guión moi parecido ó da primeira, un Arenteiro desorientado, e un Celanova correoso e voluntarioso, aderezado por momentos con pizcas de bo xogo, e iso sí, cun adestrador que dende o pitido inicial ata o pitido final, no parou de berrar, correxir, animar e reprender ós seus pupilos, brotando en ocasións auténticos alaridos da súa gorxa, circunstancia esta algo grotesca pero cun resultado óptimo para os seus intereses como se puido observar. Minuto 3, o 0 a 3. Castor sigue trocando os seus peóns de posición, pero en vez de verse clarividencia no xogo, a confusión íase apoderando cada vez máis do equipo ó que acompañou o infortunio xa que o tiro dun xogador do Celanova iba golpear na espalda de Karla e supoñía o 0-4 (minuto 10); dous minutos máis tarde, nunha xogada trenzada polo Celanova, o seu capitán, (o mellor xogador sobre o céspede), facía o 5º; nise intre ó unísono dúas nais exclamaban: “A CONA DA RAMONA”, reflexo da resignación que se palpaba no ambiente.

Xa nas postrimerias do encontro, o Celanova faría o definitivo 0-6, polo que nos solidarizábamos no resultado cos rapaces do Equipo Benxamín, que tamén recibían un 0-6 por parte do Pabellón Promesas.


Outro partido para esquezer e agora mesmo non me ven á memoria ningunha ocasión digna de reseñar por parte do Arenteiro, ó remate do mesmo, Castor laiabase do pouco espíritu competitivo do equipo, a súa falla de garra, de ímpetu, de agresividade, ó que hai que lle sumar, coido, o máis importante: XOGO E ACTITUDE. "A adestrar rapaces, non queda outra".  

Longo ponte para a Comunidade Educativa, despois do amplo rexeite á LOMCE, que non é para menos cando deixo para a reflexión un aspecto, nun exercicio de cinismo dí a mesma que: “discriminar por sexo non é discriminar, pero non dar subvencións a colexios que separan por sexo si o é...”, noraboa señores do OPUS.

1 comentario:

  1. Como sempre moi acertado este TATO; gustame leer as tuas crónicas..., un saúdo

    ResponderEliminar