Visitas

lunes, 6 de mayo de 2013

ARENTEIRO ALEVIN "A" 5 - ARENTEIRO ALEVIN "B" 2


SÁBADO 04/05/2013, DEZ DA MAÑÁ. COMEZA O DERBI:

O ALEVÍN B, (hoxe de branco), sae de inicio con:
ÓSCAR "CASILLAS" NA PORTA
YOEL, "RAMOS" MARTÍN, E "TARZÁN" ANXO NA DEFESA
ZAIDE, "TORRES" DANI, E "R7" RAÚL NO MEDIO CAMPO
E TATO EN PUNTA DO ATAQUE.
Tamén xogarían niste primeiro tempo, "Cristiano" Manu, Álex e David.
 
POLO ALEVÍN A:
MATEO NA PORTA
ANTONIO, LUIGI E JACOBO EN LIÑA DEFENSIVA
VIÑAL, ALBERTO E ADRIÁN COMO MEDIOCAMPISTAS
E JAVI DE ARIETE.
Tamén xogarían durante o encontro, Mario (Porteiro), Brandon, Alex, Berto e Alejandro.
 
O Alevín B, sae ó terreo de xogo sin complexos, tuteando ó A, e intentando ser o dono do balón, circunstancia que consigue en moitas fases diste primeiro periodo; durante os primeiros 14 minutos as ocasión foron escasas e irrelevantes por parte dos dous equipos, ata que no minuto 15 Viñal chuta a porta e con tan mala sorte para o B, que o balón dá nas costas de Martín que despista a Óscar e  o balón introdúcese na porta diste. 1-0  para o A.

A raiz do gol, o Alevín B, lonxe de virse abaixo e amilanarse, comezou a presionar ó seu rival, cun acoso incesante sobre o portal contrario, gozando nos derradeiros 8 minutos da primeira parte das súas mellores ocasións,  solicitándose incluso pola hinchada do Alevín B (máis entusiasta, todo hai que decilo, ca do A) dun posible penalty sobre Anxo, que a Sra. Colexiada, por certo, veciña do Irixo e que fixo hoxe unha labor impoluta, non considerou oportuno sinalizar, (de ser así houbera sido bastante  riguroso, pero por reclamar que non quede...).

O Arenteiro B, seguía co seu asedio á meta contraria, con sendas ocasións de Tato e Martín de falta, desbaratadas ambas por un inmenso Mateo, e cando o primeiro tempo estaba a punto de expirar,  "Cristiano" Manu desfaise do seu defensor dispara a porta, e o rexeite aproveitao Tato, que atento e a bote pronto poñía xustiza no marcador, arrincando un sonoro "GOOOOOOL" das gorxas dos afeccionados do B, seguido dun: "SI SE PUEDE".

Os últimos minutos e esa vestimenta branca, veume á mente o partido do mércores de CHAMPIONS contra o BORUSSIA e a posibilidade de remontada..., e como decía FEDERICO GARCIA LORCA : "El más terrible de todos los sentimientos es el sentimiento de tener la esperanza muerta".

SEGUNDO TEMPO.
O Alevín B, fai o seu habitual troco de porteiro, entra "DIEGO ALVES" PABLO,  e tamén xogarían Héctor e Martín Fernández.
Ramón Dacosta, debeulle ler a cartilla no descanso ós seus pupilos, porque a arenga comezou a dar os seus froitos moi cedo; o Alevín A, saiu nesta segunda parte en tromba  e nada máis quitar de centro, fallo defensivo do B, e Brandon anota o segundo, de novo no minuto 2, Antonio fai o 3º, e no minuto 4 Alberto fai o 4º, entre medias unha espectacular vaselina de "Cristiano" Manu, que ben merecía o gol pola sua plasticidade e execución.

Foron 5 minutos trepidantes onde o A, sentenciaba o choque, aproveintándose da súa maior capacidade física e definición, e xa definitivamente no minuto 10 Alberto eliminaba calquer posibilidade de miragre cando poñía o 5º para os maiores do A.

Dende ise intre ata os últimos cinco minutos finais, diu a sensación de que o partido entraba nunha fase de calma e sosiego, incluso de letargo, só avivado polo extraordinario gol de Raúl, en parábola pola escadra, ó que nada puido facer o cancerbeiro Mario, era o minuto 23, e as embestidas finais dun B, que espoleado polo seu público, tirou de raza e casta, arrinconando novamente ó A cun alarde de pundonor, personificado o esforzo do equipo na figura de "Tarzán" Anxo.

Un tempo para cada equipo, merecendo o B, mellor resultado na primeira parte a tenor do xogo e as ocasións, e unha segunda parte onde moi cedo o A, demostrou contundencia e definición, cun maior poderío físico e desarbolando nos inicios da segunda parte ó b, con brillantes e certeras transicións.

Colorido e bo ambente na grada e nos aledaños do recinto deportivo, onde as dúas aficións demostraron señorío e fraternidade, só rota nun instante cando se correu a voz que se atopaban no mesmo dúas funcionarias de Facenda (¿sería polo inminente comezo da campaña de Renta ou por fiscalizar as contas da ESCOLA MUNICIPAL?), pero non, todo se debeu a un mal ententido e o susto desapareceu cando se comprobou que , efectivamente eran funcionarias da AEAT, pero viñan na súa condición de nais do meta Mateo e de Javi Pajariño "Bicos Elena e Inés, vémonos pola semana..." 


Como épilogo e si mo permitides, abusando da confianza do dono do foro, o meu amigo JORDY, quero facer un pequeno homenaxe ó meu fillo que tal día coma hoxe 4 de maio, de fai 11 anos comezaba o seu discurrir na vida, con certos atrancos ó principio.  
FOI O ANO DO CENTENARIO,  E CANDO ZINEDINE ZIDANE NOS DEIXOU NAS RETINAS O GOL NA NOVENA EN GLASGOW, ÉL E MÁIS A SÚA NAI ESTABAN AÍNDA CONVALECENTES NUNHA PRANTA DA RESIDENDIA DE OURENSE, AFORTUNADAMENTE TODO SAIU BEN E ISE INSTANTE QUEDARÁ GRABADO NOS NOSOS CORAZÓNS PARA SEMPRE.
VAI POR TI CARIÑO.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario