domingo, 28 de abril de 2013

Arenteiro "B" - Arrabaldo "B" (Copa Delegación)


COPA DELEGACIÓN

ARENTEIRO "B" 3 - ARRABALDO "B" 2
 
Primeiro partido da Copa Delegación para o Arenteiro "B". Tarde moi fría nas instalacións da Uceira (como se puido comprobar ca indumentaria dalgunha afeccionada), o que non foi óbice para que os carballineses comezaran esta competición cunha traballada e axustada victoria ante un rival incómodo que non llo puxo nada fácil, sobre todo no primeiro periodo, onde as forzas foron moi igualadas e as ocasións de gol escasas, agás os goles anotados por ambos equipos.

 O Arenteiro sae de inicio con:
"Iker Casillas" Isra coma porteiro, unha liña de zagueiros composta por:
David, "Ramos" Martín e Yoel
como mediocampistas: "R7" Raúl, "Torres" Dani e Zaide e na punta do ataque "Cristiano" Manu.
Tamén xogarían niste primer tempo, Tato e Germán (sin o seu característico pelo rizado "a lo Paul Breitner" xa que debeu pasar polo barbeiro). 
No minuto 6, córner a favor do Arenteiro, xogada de estratexia, e gol de Dani,  (entre o público asistente ó encontro atopábanse pais e nais, e xogadores do Arenteiro Alevín "A", que o vindeiro sábado se van enfrentar co "B", e imaxino que tomaron boa nota das xogadas "ensaiadas" por Castor e os seus pupilos, polo que iste terá que adestrar a porta pechada o venres para non ensinar as súas cartas cara ó Derbi...).
No minuto 8, empata o Arrabaldo tras unha fenomenal xogada de contraataque.
Minuto 15, falta que executa Martín ca sua habiutal sapienza e transforma o segundo.
Minuto 20, centro-chut pola banda dereita do Arrabaldo que se cola pola escadra defendida por Isra, sería o empate a dous.
Igualada e reñida primeira parte, con algún destello de bo fútbol por parte de ámbolos dous equipos.

Comeza a segunda parte, e Castor realiza unha minirevolución no equipo dando entrada de inicio deste segundo periodo a "Diego Alves" Pablo na porta, e a Brandon, Martín Fernández e Álex.
Nos primeiros trece minutos o dominio foi alterno e sen ocasións reseñables, ata que Raúl realiza un soberbio cambio de orientación hacia Manu e iste chega forzado ante o gardameta visitante Marcos (fillo de Alfonso Prado o coordinador das escolas deportivas do Arrabaldo e neto de Alfonso Prado, o noso ilustre veciño do Torrón), que desbarata a ocasión.

Minuto 15, de novo "Cristiano" Manu, en xogada persoal, chuta e o esférico sae lambendo o poste esquerdo do Arrabaldo.
Minuto 17, Tiki-Taka, entre Álex e Manu ó primer toque, e iste último dispara, estrelándose o balón no longueiro.
Minuto 18, extraordinaria xogada de Dani, que se vai de dous contrarios, chega a liña de fondo, dá o pase da morte, en primeira instancia, semifallo de Zaide  e "R7" Raúl atento, anota o terceiro e definitivo gol para os verdes, que facía xustiza a 5 minutos primorosos de ritmo e bo fútbol, desarbolando por completo ó equipo visitande que se vía incapaz de conter o asedio ó que estaba sometido. (Parecían as semifinais de CHAMPIONS, de tan infausto recordo...)

Pero hai unha máxima no fútbol, que dí que o que perdoa acabao pagando, e por fortuna para nós non se cumpriu dito aforismo, porque Pablo nunha prodixiosa intervención, salva o empate contrario cando o partido languidecía, o que suporía un mazazo para os verdes e unha inxustiza a tenor do acontecido niste segundo periodo (acaso existe a xustiza no fútbol? ou na vida?, que llo pregunten o Xuiz Garzón...).

Como anécdota do encontro, a vehemencia con que o Sr. colexiado lle recriminou ó Adestrador contrario un comentario diste, solventándose o incidente cun abrazo entre ámbolos dous ó finalizar o mesmo.
Destacar no encontro pinceladas xeniais de Dani, Manu, Raúl e Zaide, templanza e toque de Álex, sobriedade de Martín, seguridade dos dous porteiros e a "pizarra" de Castor, contrariado ó remate do encontro polas ocasións desperdiciadas e a falta de definición do seu equipo.


Xa pensar na vindeira xornada, co denominado "PARTIDO DO SÈCULO DA ESCOLA MUNICIPAL DEPORTIVA ARENTEIRO", entre o ALEVÍN "A" (a priori o gran favorito), e o ALEVÍN "B" (a priori un sinxelo sparring), pero o fútbol como a vida nos pode deparar sorpresas..., O SÁBADO POLA MAÑÁ SAIREMOS DE DÚBIDAS, mentras, será unha semana na que os medios de comunicación falarán do choque e en menor medida dos 6 millóns de parados, do escándalo das preferentes ou dos papeis do BÁRCENAS.

Despídome cunha instantánea do meu amigo CARLOS PÉREZ (ADESTRADOR do infantil da galega) e o seu vástago YAGO,(capitán dos benxamíns e cun futuro moi prometedor según os entendidos, cunha clase que lembra ó seu tío "FUSI", compañeiro e amigo tantísimos anos nas categorías inferiores do Arenteiro, no MASIDE, NO CEA, e moi  especialmente na nosa etapa fantástica do SPORTING CARBALLIÑO

¡¡¡XAMÁIS TE ESQUECEREMOS COMPAÑEIRO!!! 




2 comentarios:

  1. Coma sempre moi boa crónica, moi boas fotos, boa referencia a actualidade, gran recordo para os que non están...
    Bravo polo cronista as veces axudado pola sua dona, con moito acerto...

    Bravo rapaces e ánimo............

    ResponderEliminar
  2. emotiva cronica, siempre fusi.
    animos chicos, sois el futuro, seguid así.

    ResponderEliminar