Visitas

domingo, 7 de abril de 2013

ARENTEIRO ALEVÍN "B" 4 - PEROXA 2


A temperatura do coche marcaba 1º grado cando saímos de Partovia hacia a Uceira, e nós (os Partovienses) somos do "RIBEIRO ALTO", polo que se presaxiaba unha mañá xélida no alto da Parroquia de Arcos, circunstancia que foi atenuada nun principio polos raios de sol que asomaban polo sintético e as gradas da Uceira, pero pouco a pouco as nubes fóronse adueñándose do ceo e un persistente aire frío acompañounos todo o partido, situación ésta que non foi impedimento para que voltara a senda dos bos resultados ó equipo adestrado por "PAçIENCIA" CASTOR. 
 


O Arenteiro sae de inicio con:

"Iker Casillas" Isra, na defensa "Tarzán" Anxo, "Ramos" Martín e Yoel.
No medio campo "R7" Raúl, Dani "Torres" e Zaide e na punta do ataque "Cristiano" Manu.
Tamén xogarían niste primer tempo: Tato e Germán
 
Moi cedo se adiantarían os verdes, tan pronto quitamos de centro, o balón chega ós pés de Zaide que en xogada persoal anota o primer tanto, ós 12 segundos do encontro.
Minuto 5. Gran xogada colectiva do equipo que comeza na nosa área e en cinco toques prántanse na portería contraria e obrigan a varias intervencións do gardamaias contrario, o que orixinou tres saques consecutivos de córner, sin ser aproveitado ningún deles.
 Minuto 7, Contra do equipo da Peroxa, o seu dianteiro quédase só diante de "Iker Casillas" Isra, e iste realiza unha soberbia parada, evitando o empate visitante.

De novo o Peroxa, no minuto 9 rouba un balón no centro do campo e volve poñer en apuros a Isra, que novamente efectúa unha expléndida intervención, despexando de puños por riba do longueiro.
Eran minutos de acoso visitante en busca do empate, contrarrestado con accións de contraataque por parte do Arenteiro para crear perigo, e no minuto 11 a piques estivo de conseguilo cando Manu con calidade se desfai de dous adversarios pasa a Raúl e iste fai lucirse ó porteiro visitante. Un minuto máis tarde, córner ensaiado do Arenteiro e o balón lanzado por Martín sae lambendo o poste esquerdo da portería do Peroxa.

 No minuto 15 chega o empate do Peroxa como consecuencia dun barullo na área verde que é aproveitado polo equipo visitante.
O empate do Peroxa espoleou ó Arenteiro que tivo na cabeza de Martín a saque de córner; novamente Martín a saque de falta e a máis clara de todas, unha falta lateral ensaiada que lle chega ós pes de Anxo e o seu disparo pega no porteiro e Dani atento ó rechace e a bocaxarro, obriga ó cancerbeiro visitante a evitar o segundo gol dos verdes, con unha extraordinaria intervención, arrancando un ¡¡¡OHHHHHH!!! da enfervorizada hinchada verde (á que hoxe se uniu novamente a mascota Yessi, que foi retratada tamén na foto de familia do equipo).
Inicio e remate esperanzador das huestes de Castor niste primeiro tempo ante un Peroxa que mantivo o tipo en todo momento.


Como receso ante tanta tensión acumulada no primer tempo, durante o descanso do encontro, o tío de Manu, Carlos Gundín narroume unha anécdota acontecida polo ano 73: o Presidente da Deputación de Ourense, viñera dar unha conferencia-charla a estudantes ó Antigo Cine Reque sobre as "LEIS FUNDAMENTAIS", na que figuraba a conveniencia da utilización do IDIOMA GALEGO nas institucións, circunstancia que lle recriminaron éstes por non utilizalo, xa que o susodito expresábase en castelán, armouse unha pequena trifulca e o Carlos e o seu compañeiro de andanzas por aquel entonces, O Camilo "da Carreira", foron levados entre "cetmes" pola garda civil ó cuartel (onde hoxe está o xulgado); e os seus compañeiros, en solidariedade, non foron a clase ata que foran postos en liberdade. "QUE GRAN XESTO DE APOIO E AMIZADE", e que difícil era daquela ser revolucionario e insurrecto...!!! Aínda vivía o Xeneralísimo...!!!

Volvamos ó partido.


Na segunda parte entraría baixo paus "Diego Alves" Pablo, e tamén xogarían Karla, Héctor e Martín Fernández.
De novo, e como xa acontecera no primeiro tempo, o Arenteiro moi pronto se adiantaría no marcador, ós 40 segundos "Cristiano" Manu presiona ó porteiro rival e anota o 2º, gol que seguramente no seu interior foi adicado a seu Pai Josiño, convalecente dunha recente intervención, ¡ánimo Josiño!.
O Arenteiro niste segundo tempo sae coa intención de sentencia-lo encontro, presionando ó rival,  e con internadas sucesivas de Anxo pola banda dereita,  nunha delas, chega á linea de fondo, centra a Héctor que cede a Zaide e materializa o 3º, o segundo na súa conta, era o minuto 8.
No minuto 15 o Peroxa mete o medo no corpo ós de Castor, ó marcar o segundo ante a pasividade da defensa verde, inmediatamente o Arenteiro quixo exorcitarse do erro anterior, e Martín dende o saque de centro, invéntase un tremendo disparo que fai unha parábola e o balón estrellase contra a cruceta do Peroxa, (si chega a entrar é o gol da temporada).
Ante o incerto marcador, o nerviosismo iba "increscendo" na parroquia verde, algún pai pedíalle ó arbitro que pitara o final do partido ¡xa!, outra nai, vestida con un abrigo de cor vermello, increpaba á sua propia filla por errar un pase, e conste que a rapaza xa levaba dous goles marcados, ¡que matraca de muller!, pero todo isto convertiríase en xúbilo e alborozo cando "R7" Raúl, dende fóra das dúas áreas, convertiría o 4º do Arenteiro cun tremendo golazo pola escadra esquerda do Peroxa, ó que nada puido facer o meta contrario; o Peroxa definitivamente e con honra firmaba as capitulacións. 

Destacar no encontro ó sempre eficaz "Tarzán" Anxo, a un imenso "Ramos" Martín, ás travesuras e virguerías de Germán, apodado hoxe como "Garfunkel ou Paul Breitner",  polo seu chamativo pelaxe,  os dous porteiros, Isra e Pablo, serios e seguros todo o partido, inmortalizados con Manolo, o responsable das instalacións da Uceira, ó que quixeron agradecer con iste xesto a súa labor e adicación ás mesmas, e a que foi hoxe a figura do encontro, Zaide, autora de dous goles e creando sempre perigo pola súa banda esquerda.


Feliz épilogo para o derradeiro partido de copa na Uceira. Conservamos definitivamente o 4º puesto e tentaremos dar a campanada a vindeira e última xornada de copa contra o Pabellón e poder aspirar ó terceiro posto.    

¡VOLTAMOS Á REPUBLICA INDEPENDENTE DE PARTOVIA PARA VER SI SAIU O SOL E SUBIRON AS TEMPERATURAS, QUE DE FRÍO E CHUVIA ESTAMOS FARTOS! ¡FELIZ PRIMAVERA A TOD@S!

No hay comentarios:

Publicar un comentario