Visitas

domingo, 24 de marzo de 2013

Arenteiro B 1, Nogueira 5 (Copa 2ª Alevín)


A CRÓNICA: Sábado de Pasión na Uceira, que rematou convirtíndose en sábado de "Flaxelación" , como ben comentaba Mónica, a nai de Manu.

Visitaba o feudo verde, o noso "Old Trafford" particular, (o teatro dos soños verdes, por desgraza hoxe, teatro dos pesadelos...), o líder Nogueira.
Partido denominado dos da verdade,  no ambiente palpábase tensión e certo nerviosismo o que quizais puido ser trasladado os nosos rapaces visto o desenvolvemento do encontro.

O líder Nogueira chegaba en cadro, con soamente oito efectivos (suficientes), oito "pretorianos", disciplinados, correosos e cas ideas claras, e con un xogador, Rodolfo, que levaba o ¡casualidade! número 8 á espalda, convertíndose no mellor xogador sobre o céspede (ollo á progresión diste rapaz).  

O Arenteiro saiu de inicio con:
Porteiro: Óscar "Casillas", na defensa Yoel, "Ramos" Martín e "Tarzán" Anxo, como mediocampistas Tato, Alex e "R7" Raúl, e na punta do ataque "Cristiano" Manu, tamén xogarían neste primeiro periodo, Dani, Zaide e David..
O Arenteiro saiu con decisión e xa no minuto 2 unha falta lanzada por Martín é rexeitada polo gardamaias visitante e o rechace non é aproveitado polos verdes.
Minuto 7, chega o primeiro gol do Nogueira, lanzamento seco dende fóra da área, Óscar non atalla nun primeiro momento e o rechace (eles si o aproveitaron),cae nos pes do Nogueira e anota. 
O partido era un toma e daca constante, o Nogueira ben asentado no campo, e cun Arenteiro que o intentaba pero máis co corazón que coa cabeza, sin lograr facer dano ó entramado defensivo rival, que de vez en cando aproximábase ós dominios de Óscar en fugaces e perigosos contragolpes.
No minuto 17, Martín sumándose ó ataque e dende lonxe dispara a porta e un efecto òptico fai pensar que o balón entrara, a entusiasta afición verde xa cantou ¡¡¡gol!!!, pero todo quedou nunha efímera ilusión...   
No minuto 23 chega a mellor ocasión verde, Dani rouba no medio do campo e cando se adentraba na área rival, foi derribado, falta perigosa que é executada coa súa habitual maestría por "Ramos" Martín e o porteiro visitante despexa de puños por enriba do longueiro, mágoa non fora executada algo máis escorada, porque suporía o empate dos carballineses, quizais merecedores dun mellor resultado niste primer tempo, aínda que o Nogueira desmostrou solidez defensiva, sin apenas fisuras e parapetados baixo un porteiro do mellor da categoría.

Comeza o segundo tempo, no que xogarían tamén "Diego Alves" Pablo, Brandon e Héctor; no minuto 2 aconteceu unha xogada que iba a ser determinante para o descurrir do encontro, falta que lle fan ó noso zagueiro David, a Sra. Colexiada non a pita, os rapaces non reaccionan entre a confusión e a dúbida,  e a situación é aproveitada polo Nogueira para anotar o 2º gol, ante un desconcertado Pablo; a raiz dise gol, o equipo verde veuse abaixo, a sensación de abatimento era palpable nos rostros dos rapaces e incluso na bancada verde, onde a tristura era a tónica xeral, estado de ánimo que puido trocar si Dani, no minuto 5 e despois de quedarse diante do porteiro lograra introducir o esférico, circunstancia por desgraza que non ocurriu... O mesmo Dani no minuto 7, errou outra ocasión despois dunha parede con Anxo.
No minuto 11 o Nogueira volve marcar, ó aproveitar un rechace (eles si están atentos), do noso gardameta Pablo. 
No minuto seguinte o Nogueira fai o 4, evidenciando as lagunas defensivas verdes, e certo desbaraxuste no equipo, Castor intentou distintos cambios de posición, outras alternativas de xogo, pero o equipo non conseguia dar coa tecla acertada, ¡estaba claro que hoxe non era o noso día...!

Minuto 17, o Nogueira fai o quinto e definitivo para eles, trallazo e imparable para Pablo.
Minuto 19, tiro de Martín e  paradón do porteiro visitante.
Minuto 20, xogadón de Manu, que se zafa do seu contrario, cede a Martín e iste ante o fallo anterior, decide pasar a Zaide que engatilla un tremendo zurdazo que se cola polo lado esquerdo da meta contraria, Gran gol dos verdes, que foi festexado pola hinchada cunha tremenda ovación.
A partir dise momento o equipo embotellou ó Nogueira na súa área, foi un arreón final, o equipo sacou garra e casta coincidindo coa saída novamente ó campo de "Cristiano" Manu, e motivado polo desgaste físico (lóxico) do Nogueira, ante a falta de efectivos para facer trocos.

Nistes 5 minutos finales o Arenteiro gozou dalgunha ocasión máis, sobor de todo dun clarísimo  penalty do que foi obxeto Martín, que incomprensiblemente a Sra. Colexiada non pitou; en liñas xerais a labor arbritral foi boa, pero con dous lunares importantes, iste do penalty e a falta non pitada que orixinou o segundo gol do Nogueira.
Hai que felicitar ós rapazes polo seu esforzo e entrega, aínda que hoxe as cousas non saíron como esperábamos (gañando colocaríamosnos líderes da categoría), iste equipo sigue gozando de crédito.
Semana de recollemento e penitencia para xa pensar no seguinte encontro contra o Ribeiro que foi onde comezou a senda de éxitos, e entre medias, o torneo de Santa Cruz, un bonito escaparate para lucir as mellores galas...

1 comentario: