Visitas

lunes, 11 de febrero de 2013

Ourense "B" - Arenteiro "B" (Alevín)


Sábado de Entroido no campo dos Salesianos, e o equipo verde vestiuse o traxe "da Roja", cun fútbol combinativo e efectivo, gustaríame decir que xogamos como o Madrid, pero por desgraza para os madridistas temos que recoñecer que hoxe por hoxe o Barcelona é o equipo que abandera o bo trato do balón e a estética diste deporte, pero como me dixo un pai, se non queres mencionar ó equipo azulgrana di que xogamos como a Selección, e díxenlle, pois tes toda a razón así o vou comentar; despois desta introducción e a pesares de que unha nai do Alevín "A" me dixo que me enroio moito, voulle facer caso a outra nai do noso equipo que me dixo todo o contrario, que lle gustan as crónicas aderezadas con certa "literatura".


O Arenteiro sae de inicio con Pablo na porta, unha linea defensiva composta por Anxo, Martín e Yoel, como centrocampistas Raúl, Alex e Tato, e como ariete "Cristiano" Manu.
Entrarían dende o banco na primeira parte Dani e Zaide. O equipo sae coa intención  de dominar o encontro dende o principio e xa no minuto 5, Manu, despois dun control exquisito dentro da área, chuta o balón e iste sae a escasos centrímetros do longueiro.
Tal era o dominio verde que o Ourense non se aproximaria á porta defendida por Pablo ata o minuto 20. Minuto 22, chega o primer gol do Arenteiro, o balón è controlado por Alex e dende o borde da área lanza un tremendo zurdazo que se cola irremediablemente pola escadra rojilla. GOLAZO!!!.
Remataría a primeira parte, sendo o Arenteiro dono e señor da mesma, merecendo un resultado máis abultado que o obtido.

Na segunda parte entrarían ó terreo de xogo o porteiro Óscar (xoga un carcerbeiro cada parte), Germán, Karla e Héctor. Minuto 1, gol do empate do Ourense, imparable para Óscar, comentario da Nai de Manu que estaba falando polo movil: "CHAMOU A CANDI E CAGÁMOLA", (esta CANDI debe ser unha ceniza). Nos primeiros 5 minutos o Ourense tentou levar a iniciativa do partido pero o seu esforzo desvaneceríase cando Germán no minuto 7 e despois dun fallo defensivo do equipo vermello, adiantaría ós verdes co segundo gol.
Minuto 18, xogada persoal pola dereita de R7 (Raúl) e gol pola escadra, o 3º.
Minuto 20, xogada calcada á anterior e de novo R7 sube o 4º ó marcador.
Minuto 22, corner a favor do arenteiro. saca Tato ó primeiro pau, e "Cristiano" Manu cun sutil toque de tacón pon o 5º no marcador.
Minuto 23, gran intervención do gardamais Óscar ante o tiro do número 4 do Ourense Brais, fago mención especial a iste rapaz do equipo vermello porque deixou desteios de futuro bo peloteiro, manexando o esférico con criterio todo o partido.
E por último, no minuto 25 gran xogada colectiva do equipo verde que dende a sua área, e con triangulacións e desmarques, preséntanse na área contraria e gol de Héctor a pase de Germán, excelente colofón a un excelente partido dos rapaces do Arenteiro.


Destacar no encontro o que foi capitán, Alex, sobor de todo no primeiro tempo, tocando o balón con sentido e templanza con ámbalas dúas pernas, sendo o director de orquesta do equipo, rubricando a sua actuación cun soberbio gol; e tamén mención ás nosas dúas rapazas, Karla e Zaide (as únicas da escola), bo partido, cun pequeno pero, según os seus compañeiros son moi lentas para ducharse...

Para rematar (tranquila Elena que xa acabo), e como anécdota do partido, decir que temos mascota do equipo, chámase JESSI, é unha cadeliña "chiguagua" (¿escribese asi?), e a nai de German (a súa dona) comprometeuse a vestila ca camiseta verde nos vindeiros encontros.

BO ENTROIDO A TOD@S, DISFRUTAR DO MESMO TANTO COMA NOS DISFRUTAMOS HOXE DO PARTIDO.
Todos con Jessi¡¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario