Visitas

sábado, 2 de febrero de 2013

Crónica do Arenteiro "B" - Monforte (Alevín)


Crónica ofrecida por un pai ó que se lle agradece: DERROTA DO ARENTEIRO POR 1-3

Mañá fría na Uceira, o encontro retrasouse 20 minutos pola demora na chegada do equipo monfortino, seica por un control da Garda Civil, o que motivou que os rapaces se fartaran de quentar antes do partido, circunstancia ésta que disgustou ó Míster Castor, xa que os rapaces, según él, non ían comezar o encontro tan concentrados no mesmo.


O Arenteiro saiu de inicio con Óscar na porta, unha liña defensiva composta por Xoel, Martin e Anxo, no mediocampo, Raul, Dani e Tato, e na punta do ataque Manu, durante a primeira parte tamén xogarían Alex e Zaide.
O partido poñeríaselle de cara ó equipo da casa xa no minuto 6 cando unha cesión do equipo contrario motiva que a Sra. Colexiado pitara a correspondente infracción, falta indirecta e Martín a pase de Raúl adiantaría ós verdes.
O partido trancurría sen que ningún dos dous equipos tomara o mando do mesmo, e sen grandes ocasións de gol, cousa que puido cambiar cando Dani no minuto 17 se quitou un espectacular lanzamento dende lonxe ó que o porteiro visitante respostou cunha extraordinaria intervención, podendo esa xogada cambiar o designio do partido.


Na segunda parte entrou como gardamaias Isra, e tamén Hector e David, así como tamén Karla.  
No minuto 3 da segunda parte empataría o Monforte, nunha indecisión entre a zaga e o porteiro local. Dous minutos máis tarde voltaría a marcar o equipo visitante nunha boa xogada en profundidade.
Neste tempo o Monforte foi superior no aspecto físico ó equipo local, ó que tivo maniatado en todo momento, e froito dise dominio chegaría o terceiro gol no minuto 15.
Castor relevaría óporteiro Isra por problemas estomacais do mesmo, e Óscar nada máis sair viuse na obriga de cortar un contra fóra da área, derribando ó dianteiro rival e a colexiada mostroulle a tarxeta vermella directa, xusta decisión.
O noso equipo con 7 intentouno, máis co corazón que coa cabeza, pero as forzas e o estado anímico non eran os máis axeitados para semellante proeza.

Destarcar no encontro ó central Martín, sobrio e seguro todo o partido, rubricando a súa actuación co gol do Arenteiro e o sempre correoso e voluntarioso "Tarzán" Anxo.
Como anécdota da mañá decir que os arbitraxes que se levaron a cabo na UCEIRA  de tódolos partidos foron feitos por mulleres, a ver si aprendemos en outras facetas da vida e a igualdade, igual que no arbitraxe chega a tódolos ámbitos da sociedade.

ÁNIMO RAPACES. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario