domingo, 24 de febrero de 2013

Crónica Arenteiro "B" - Maristas, 6-2 (Copa Alevín 2ª)


CRÓNICA facilitada por TATO: ARENTEIRO ALEVÍN "B" 6 - MARISTAS 2
 
"Fría mañá na Uceira, cousa da que se queixaban os pais dos Maristas, que comentaban que cada vez que viñan aquí pasaban frío; nós, como estamos acostumados, xa case nos parece normal..."

 
O Arenteiro sae de inicio con Pablo na porta, unha línea defensiva composta por David-Martín e Yoel, como mediocampistas Raúl, Alex e Tato, e na punta do ataque Dani. Tamén entrarían neste primeiro tempo Zaide e Hector.

Os Maristas saen en tromba, tendo infinidade de ocasións nos primeiros compases do encontro, que si non chega a ser polas intervencións de Pablo, (espléndida a súa actuación), emulando o seu ídolo Diego Alves, e a algún poste salvador, o resultado final sería outro, pero como decía Boskov: "fútbol es fútbol", e en pleno asedio visitante o Arenteiro adiantaríase despois dunha xogada de R7 Raúl,(aínda que hoxe xogaba co número 10 á espalda), pola esquerda, que tira a porta e o rexeite do porteiro é aproveitado por Dani para subir o primeiro ó marcador.
Os Maristas seguían ó seu, dominio incesante, múltiples ocasións e o frontón de Pablo, que non puido facer nada no empante visitante ós 13 minutos.
Raul pasou á banda dereita e froito dunha xogada individual, no minuto 17 lanza un misil e gol pola escadra. O 2º dos verdes.
Minuto 19, falta ensaiada dos maristas e gol do empate.
Minuto 21, contrataque verde, e Zaide en xogada persoal marca o terceiro.
Minuto 23, Héctor salva por dúas veces debaixo dos paus sendas ocasións vistitantes xa con Pablo batido, e xa remantando o primer tempo, contra-ataque verde e de novo Raúl pola dereita, volve encañonar a súa maravillosa perna dereita e o 4º que sube ó marcador.
Máxima efectividade no primer tempo, decir que o Arenteiro chegou cinco veces e marcou catro.

Xogada do 5º gol
No segundo tempo como é habitual, troco de porteiro, sae Óscar por un inspiradísimo Pablo, e tamén ó longo do 2º tempo xogaron Brandon e Karla.
O Arenterio niste segundo tempo sae máis concentrado e nivélanse as forzas, os Maristas xa non crean tantas ocasións de gol, e o partido e máis equilibrando, decantándose a balanza definitivamente para os verdes cando Martín no minuto 13 executa unha falta que roza lixeiramente nun contrario e fai o quinto.
Minuto 18, xogadón de "maravilla" Dani, que se vai de dous contrarios e marca o 6.
O partido languidecia e a falta de emoción vai Tato e errou unha ocasión clarísima, fallo clamoroso a un palmo da portería, era máis fácil metela que fallala (fago iste comentario porque varios pais me "presionaron" para que así o relatara, je, je, que non falte o humor e a retranca).
Excesivo castigo para o equipo visitante, a tenor do visto no primer tempo que mereceron mellor resultado; e a destacar ó porteiro "DIEGO ALVES" Pablo e a R7 (Raúl), un puñal pola banda dereita.

Por último agradecer a solidariedade de Charo, a nai de Zaide, por deixarme un coxín e así o meu traseiro poido resgardarse do xélido cemento das gradas da Uceira.

MOI BEN RAPACES A SEGUIR NESTA LÍNEA

1 comentario:

  1. Como siempre, moi boa crónica.
    Animo rapaces.

    ResponderEliminar