Visitas

martes, 8 de junio de 2010

Partido definitivo polo Ascenso

Hoxe, como xa avanzabamos noutras entradas, decidinme facer esta en galego, a ocasión meréceo. O próximo sábado, ás 11:30h no novo sintético da Uceira disputarase o que será definitivo partido entre os infantís do  Arenteiro e do Portonovo para determinar cal dos dous acada o soño de alcanzar a Liga Galega Infantil, liga que nunca disputamos aquí no Carballiño.

De logralo situaríamos a dous equipos da escola na competición autonómica, penso que todo un logro que se consegue a través do traballo de anos e moitos esforzos de todos os que formamos esta gran familia.

Que gañe o mellor, pero oxalá, e de forma amistosa o digo para os de Portonovo, sexamos nós...

Animo a todo aquel que lle guste disfrutar do fútbol e sobre todo do fútbol base, nos apoie na Uceira o sábado e anime a uns rapaces que o merecen todo e cos que levo disfrutado os últimos dous anos, graciñas da miña parte por adiantado.

Tamén animo por suposto á xente de Portonovo, sexa cal sexa o resultado, pasen o día na nosa Vila pois merece a pena e poidan degustar o famoso "polbo á feira" ,entre outras cousas, esperemos que o tempo acompañe, un saúdo para todos eles.

*Foto: Equipo co que conseguín como xogador ascender á Galega Xuvenil. (Oxalá poida revivir algo parecido este sábado).

1 comentario:

  1. Animo para os rapaces a pesares das "baixas"...a bos entendedores, palabras sobran...oxalá poidan disfrutar do ascenso TODOS.

    ResponderEliminar